Xove, 21 de decembro de 2020. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá en Xove a empresa Forestal Díaz Casariego -a quen agradeceu a súa invitación para coñecer o seu labor de primeira man-, que foi unha das beneficiaras da orde de axudas convocada pola Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para favorecer a renovación tecnolóxica na primeira transformación.
Tal e como explicou o director de Xera, esta liña ten como obxectivo promover investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais no sector da transformación e comercialización. Trátase dun dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico do medio rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. Actúa, ademais, como un elemento que contribúe a fixar poboación nestes concellos.
As empresas da industria forestal de Lugo recibiron, este ano, ao redor de 5,5M€ en apoios da Xunta que permitirán desenvolver 91 proxectos e 40 accións formativas e mobilizar un total de 17,1M€. En concreto, son 59 axudas para favorecer a renovación tecnolóxica da primeira transformación, 24 para fomentar o uso da madeira na construción, na rehabilitación e na produción e deseño de envases e oito para a segunda transformación.
O compromiso da Xunta coa industria forestal reforzarase o vindeiro ano cun aumento do orzamento de Xera, que alcanzará os 22,5M€, e que permitirá continuar cos programas para o fomento da construción en madeira pero tamén impulsar novas liñas de axudas para favorecer os procesos de dixitalización e trazabilidade da madeira certificada.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



