Ribadeo, 26 de decembro de 2020. A Xunta de Galicia comezará en breve a edición dun libro documental de Saudade, o primeiro grupo de gaiteiras de Galicia, de España e posiblemente de Europa, nado en Ribadeo en 1961. Hoxe tivo lugar a presentación deste ambicioso e interesante proxecto cultural, da man da que será a súa principal impulsora, a comunicadora audiovisual María Acuña, filla dunha das integrantes, acompañada de María José Gómez, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Lugo, e do deputado no Parlamento, Dani Vega. Xunto a eles estivo o profesor e investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Armando Requeixo, ademais de varias das integrantes do colectivo formado na década dos anos sesenta do século pasado.
Esta nova iniciativa cultural e histórica comezará en breve a súa preparación, grazas ao respaldo da Xunta de Galicia, que colabora a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Os promotores do proxecto chamaron a atención sobre “a importancia que tivo este colectivo nunha época de efervescencia social e política, e en concreto para a reivindicación do papel das mulleres na ámbito da música”.
No transcurso da presentación a escritora María Acuña destacou que “o que pretendemos con este proxecto é recuperar e poñer en valor a historia deste colectivo, e para iso tanto no libro como no documental audiovisual tomarán parte as mulleres que formaron parte del para achegar a historia do grupo Saudade con testemuñas de primeira man. De feito, serán parte moi activa do proxecto”.
Será, en definitiva, un traballo exhaustivo e amplo, no que participarán persoas da época que poderán explicar que supuxo para a sociedade ribadense e, en certo modo, para a galega este grupo pioneiro, integrado unicamente por mulleres, así como os movementos que foron emerxendo nese momento.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



