Barreiros, 21 de decembro de 2020. O Concello de Barreiros conta con un novo vehículo para a recollida de lixo que foi adquirido pola concesionaria do servizo, a empresa Servicios dos Concellos Galegos.
O xerente da empresa, xunto co persoal encargado do servizo, desprazáronse ata Barreiros para presentar ao goberno municipal o novo vehículo, que aporta maior seguridade ao persoal do servizo, así como sistemas de redución de emisións que contribúe a paliar o cambio climático.
A alcaldesa, Ana Ermida, trasladou o agradecemento á empresa “por ter en conta as necesidades do servizo de recollida de lixo e substituír o anterior vehículo que operaba con máis de 30.000 horas de traballo, o que en ocasións ocasionaba avarías que podían afectar ao servizo.”
O vehículo conta con recolector compactador de 16metros cúbicos, elevador de remonte automático, botoneiras a ambos lados, estribeira scon control de presenza, limitador a 30km/h con persoal en estribeira, cámara de visión traseira e alumeado en LED.
Desde o goberno municipal valoran moi positivamente a inclusión de novos sistemas de seguridade, como a inhibición da marcha atrás se o persoal está na estribeira ou o sistema de parada automática se detecta persoas no momento da carga do colector, que redundan en mellores condicións para o persoal dun servizo fundamental.
A alcaldesa quixo tamén recoñecer o traballo levado a cabo polo persoal da empresa concesionaria nun servizo complexo pola carga de traballo, especialmente en determinadas épocas do ano, e pola súa implicación na resolución dos incidentes que poida haber.
Barreiros conta con un novo camión para a recollida de lixo
Barreiros conta con un novo camión para a recollida de lixo
Relacionado
-
Arias: “A alcaldesa de Viveiro debe facer autocrítica na súa xestión do PXOM antes de culpar á Xunta”
-
Arrinca en Ribadeo o Plan Avanza Rural coa licitación da mellora e ensanche dos camiños de Os Fornos a Pesegueiro en Remourelle
-
O Concello de Burela pon en valor o envellecemento activo na última sesión de ximnasia para persoas maiores este curso