Foz, 19 de decembro, 2020. A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas presentou o programa DIVERFOZ para estas datas de Nadal,
Levamos meses cunha situación epidemiolóxica que provoca que non poidamos realizar algunhas das actividades habituais, pero desde a Delegación de Xuventude e Deporte non renunciamos a ofertar programas como Aberto x Vacacións ou as Escolas Deportivas Municipais.
A organización e desenvolvemento destas actividades supón un esforzo e responsabilidade maior, pero cremos que o deporte, así como o desenvolvemento persoal e social na infancia e na mocidade, é esencial para o presente, pero tamén para o seu futuro. Por este motivo, a pesar da complexa situación, continuamos co reto de ofrecer actividades que agardamos sexan atractivas e nas que poñemos moita ilusión.
O programa DIVERFOZ que presentamos para estas datas, vai dirixido a mozos/as a partir de 8 anos. Mestura o ocio e o deporte, sempre contando con protocolos de prevención de contaxio da Covid19. Desexamos que a mocidade goce, practique deporte, de forma segura.
Este programa é unha mostra do que é Foz: aberto, vivo, divertido. O virus é todo o contrario, e queremos mantelo a raia, contando con todas as medidas de prevención nun protocolo que contempla todas as actividades que compoñen DIVERFOZ, que son:
Combate láser: practicamos deporte nos xardíns da Praza Conde de Fontao a tarde do 26 de decembro. En equipos de 3 persoas correremos e desenvolveremos estratexias para que os/as contrincantes non nos capturen co seu láser.
Futbolín humano: no Campo da Cabana, durante todo o 29 de decembro, imitaremos ás figuras do futbolín, limitando os nosos movementos. En equipos de 3 persoas, teremos que tirar de estratexia e habilidade, porque desta vez, non poderemos correr.
Super deslizador: na Praza Conde de Fontao deslizarémonos en donuts por rampas que chegan aos 7 metros. Veremos o porto a vista de paxaro, antes de gozar da divertida baixada. Haberá quendas para todos/as porque o superdeslizador estará o 2 e o 3 de xaneiro en xornada de mañá e tarde. Poderás pasar por alí e pedir quenda. A monitora informarate da hora á que debes estar alí.
Basket street: o CB Celtas colaboran neste programa cun circuíto de habilidade e tiro para a mañá do 4 de xaneiro, na Praza de Galicia. Xa sabemos das ocurrencias dos Celtas, polo que seguro será moi divertido.
Todas as actividades requiren inscrición previa, excepto o Super deslizador. E para que sexa sinxelo, tan só se deberá remitir os datos persoais do equipo (para combate láser e futbolín) ou da persoa interesada en participar (basket street) ao correo electrónico: diverfoz@concellodefoz.es ou a través de mensaxe directa ao perfil do Concello de Foz nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram. Despois serán informados/as do horario no que participan e as medidas de seguridade.
Neste Nadal, compra, goza da nosa hostalaría e DIVERFOZ.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



