Hoxe é un venres negro. Moi negro. Máis negro que o do ano pasado. E máis aínda que o do ano anterior. Non pola meteoroloxía, que parece que se vai portar ben, día claro en Ribadeo. Tampouco o digo polo coronavirus, que mesmo ás veces semella se vai embridando na segunda ola, senón pola economía. E non tanto pola economía na era do coronavirus, recibindo golpes moi duros, pero máis dispersos no tempo, senón pola economía no día da competencia alén do anaco da terra que pisamos tódolos días. Black friday: venres negro. Parece que o apelativo de negro pouco ten que ver en orixe cunha desgraza, pero hoxe si, é unha desgraza para o tradicional comercio das nosas rúas.
Non, non se pode competir con Amazon se non es Alibaba ou semellante, por moito que a asociación de comerciantes local se empeñe. Non, ao menos en tódolos campos.
Pero aínda así, hai que facelo. Procurando un nicho non que se necesiten probar os produtos a mercar, un mantemento local o calquera outra cousa que permita unha mínima posibilidade. Un paliativo temporal. Mentres, o venres negro será iso, unha negra drenaxe de recursos que se van lonxe e que non é doado facelos retornar despois.
Aínda así hai que facelo, si, mais non chamando á esmola ós veciños invocando a solidariedade mentres se pretende seguir co ‘business as usual’, senón volvendo a inventar a comunidade e os negocios. Ó fin, as grandes compañías xa o están facendo, están reinventando os negocios e a relación coa xente ó seu xeito, cunha man de ferro e outra de seda. E competir con esas grandes corporacións usando os sistemas que coñecen mellor, nos que foron pioneiras e levan todas as de ganar, non é unha boa estratexia.
Non, non teño ideas salvíficas para o comercio, como se estivera aparte do noso mundo. Un comercio nunha esfera de cristal que ademais se puidera subdividir noutras esferas máis pequenas, locais. Como se os subministros que teñen non viñeran de fora. Como se as nosas materias primas non se foran ‘crear valor’ fóra para volver como útiles, necesarios cunha necesidade real ou suposta, tras un pago maior do que xeraron ó marchar.
E mentres podemos estar a discutir sobre un punto concreto do sistema, os comercios seguen a anunciar un black friday imitativo para tentar aproveitar algo que espreme dende fóra quen ten os recursos, tecnoloxía, medios, poder, para facelo dun xeito moito máis eficiente. Pero o sistema, que non se toque!





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



