Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu hoxe unha carta ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, na que lle traslada a preocupación de Galicia pola incidencia que o acordo sobre o brexit entre a Unión Europea e o Reino Unido ten no sector pesqueiro galego e que supón un novo recorte da actividade da frota en augas de Gran Sol. Ante a incerteza existente, e dado o peso da comunidade no conxunto da actividade marítimo-pesqueira estatal, o titular do Executivo autonómico solicítalle ao Goberno central que Galicia teña presenza directa na representación de España nas futuras negociacións de TAC e cotas tanto no seo da UE como co Reino Unido co obxectivo de que os intereses galegos sexan escoitados.
Feijóo trasládalle na misiva a Pedro Sánchez que a Comunidade está a traballar de forma intensa na análise do acordo e das súas derivadas e que o sector pesqueiro galego e as familias que viven del non poden permitirse un novo impacto semellante ao sufrido coa adhesión de España á Comunidade Económica Europea en 1986. Por iso, ponse á súa disposición e ofrécelle a súa colaboración na defensa dos intereses da frota galega e española.
Non obstante, o titular do Executivo galego lamenta que Galicia aínda non recibise información de xeito oficial sobre o acordo por parte do Estado e incide en que os datos coñecidos ata o momento deixan un panorama sombrío para a frota. Unha situación, subliña, que vén confirmar os malos presaxios e a preocupación expresada pola comunidade e por outras rexións costeiras europeas desde hai meses en relación coa posibilidade de que a pesca fose entregada como moeda de cambio no acordo.
O presidente da Xunta expón no seu escrito que a redución de cotas como consecuencia da cesión a Reino Unido incide sobre unha base xa moi escasa de posibilidades de pesca derivada do tratado de adhesión de España á UE así como do coñecido como principio de estabilidade relativa, que permitiron manter a actividade en augas de Gran Sol a costa do sacrificio do 70% da frota pesqueira que Galicia tiña neses caladoiros en 1986.
Outras consecuencias
Ademais, incide Feijóo, o impacto do acordo non se limitará unicamente á perda directa de posibilidades de captura pola súa entrega ao Reino Unido. Tamén afectará, moi probablemente, á disposición de especies peláxicas no Cantábrico así como á marxe de manobra que adoita ter España para a realización de intercambios de cotas que contribúan a mellorar o punto de partida anual das posibilidades de pesca.
Outra das repercusións do acordo que cita o presidente da Xunta na súa carta é o feito de que a partir de 2026 -cando remata o período transitorio que comeza agora- as partes terán que negociar de novo o acceso ás augas de Reino Unido e a Unión Europea carecerá do seu principal elemento de forza ante esa situación, a entrada ao mercado comunitario dos produtos pesqueiros británicos. A isto súmase que a frota galega competirá coa británica en desigualdade de condicións pois os buques do Reino Unido non estarán sometidos á Política Pesqueira Común, moi esixente en termos ambientais.
Feijóo tamén advirte de que o impacto indirecto que España e Galicia sufrirán polo brexit tampouco está recollido de forma explícita nos obxectivos e parámetros de axuda incluídos no Fondo de Axuste do Brexit, polo que calquera impacto posterior tería dificultades para ser compensado con este fondo.
Ante esta incidencia do acordo sobre o brexit na actividade pesqueira, a Xunta está en contacto permanente co sector e vai seguir traballando na defensa dos intereses. Con ese obxectivo, a Consellería do Mar xa encargou dous informes para avaliar o seu impacto tanto desde o punto de vista técnico-administrativo na actividade extractiva e na comercialización dos produtos pesqueiros como desde o punto de vista xurídico.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



