Santiago, 17 de decembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou hoxe a Alcoa a permitir a venta da súa planta de San Cibrao e facilitar así a súa viabilidade.
“Temos que manter toda a presión sobre Alcoa para que rectifique xa e permita a venta”, incidiu Gonzalo Caballero.
Así o dixo o líder do PSdeG logo de que o TSXG declarase nulo o ERE que pretendía aplicar a empresa sobre os traballadores da Mariña á vista da mala fe coa que actuou a multinacional no relativo aos despidos.
Neste escenario, Gonzalo Caballero recordou que o Ministerio de Industria atopou un inversor para a factoría de Cervo, polo que esixiu a Alcoa que “deixe de entorpecer” o proceso. A liña de acción conxunta de todas as administracións cos representantes dos traballadores debe seguir para que Alcoa rectifique xa e mude a súa posición.
“A planta é viable e hai unha empresa interesada nela, polo que temos que seguir traballando para garantir o emprego na Mariña”, defendeu o máximo dirixente do PSdeG.