Santiago de Compostela, 11 de Decembro 2020. O BNG mantivo un encontro co comité de empresa de ENDESA-As Pontes para analizar a situación do cadro de persoal unha vez iniciado o proceso de peche da central e, neste sentido, solicita a comparecencia no Parlamento do conselleiro de Economía e Industrial, Francisco Conde, para que explique que accións está levando a cabo a Xunta para evitar a perda de centos de postos de traballo e xerar unha alternativa industrial.
“A día de hoxe, e pese ás promesas electorais de PP e de PSOE de aplicar nas Pontes unha transición xusta, o que estamos vendo é unha reconversión industrial encuberta na comarca de Ferrolterra, outra máis”, denunciou a portavoz nacional, Ana Pontón, na comparecencia de prensa posterior xunto co presidente do comité de empresa, Luís Pico.
“Ao final parece que a transición xusta consiste en elixir entre emigrar ou ir ao paro, é inaceptable porque esa non pode ser a alternativa para unha comarca xa moi castigada”, criticou, tras sinalar que nas auxiliares comezaron os despedimentos e a propia ENDESA empezou a comunicar traslados a outros centros da multinacional, a maioría fora de Galiza.
Tras a reunión na que tamén participou o deputado no Congreso, Nestor Rego, e o deputado de Ferrol, Ramón Fernández, Pontón manifestou o total apoio do BNG ás demandas dos traballadores nun momento en que están a ser ignorados tanto polo Goberno galego como polo do Estado. “Fai apenas uns meses, -coincidindo coas eleccións galegas-, asistimos a un desfile de ministras e de conselleiros prometendo unha solución de futuro, agora non se molestan nin en coller o teléfono e moito menos en recibilos”, recriminou.
A formación nacionalista considera que si hai alternativas para minimizar o impacto do peche da térmica e pon propostas sobre a mesa. En primeiro lugar, salvar unha parte da central e o correspondente emprego utilizando biocombustibles ao 100% para manter unha parte da actividade. En segundo lugar, o peche da central supón deixar libres 1.400 MW que son propiedade da empresa estatal Rede Eléctrica Española, fundamentais para o sector eólico. A proposta do BNG é que a adxudicación da capacidade de evacuación destes miles de megavatios teña como condición xerar novos postos de traballo.
En terceiro lugar, As Pontes ten que beneficiarse dunha transición enerxética xusta, con recursos públicos que deben nutrirse de tres vías: fondo de descarbonización, orzamentos de Galiza de 2021 e fondo europeo de reconstrución, o denominado Next Generation, que ten entre as actuacións financiables as enerxías renovables
Os recursos obtidos por estas tres vías deben enfocarse á redindustrialización das Pontes e do conxunto da comarca de Ferrolterra, explicou Pontón, “o que non se pode permitir e que Galiza siga perdendo, día a día, industrias estratéxicas nun proceso de desertización que é urxente reverter porque non podemos concibir un país con futuro sen un sector industrial potente xerador de riqueza e de emprego”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



