Viveiro, 18 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro presentou hoxe unha innovadora campaña de compostaxe doméstica dirixida á veciñanza e os centros educativos.
O proxecto, que forma parte da iniciativa #ViveiroSustentable, levará composteiros ás casas de Viveiro e formará ás familias interesadas. Apuntarse ao programa é gratuíto e tamén chegará a catro centros educativos.
Este proxecto axuda a acadar os Obxetivos de Desenvolvemento Sustentable e o compromiso adquirido polo Concello de Viveiro de redución de CO2 no seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, aprobado o mes pasado polo Pleno Municipal.
A alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro, está remitindo cartas aos veciños e veciñas para animalos a inscribirse no proxecto de compostaxe doméstica, implicando así á veciñanza na loita contra o cambio climático.
“O noso modo de vida ten como consecuencia a xeración de moitos residuos e un dos retos importantes aos que se enfronta a nosa sociedade é levar a cabo unha xestión dos mesmos respectuosa e sostible co medio ambiente; temos que implicarnos todos e todas na xestión do lixo, facéndoa máis responsable na correcta recollida selectiva e na redución na xeración de residuos”, asegurou na rolda de prensa María Loureiro.
“A compostaxe é a alternativa de tratamento máis sostible ambientalmente da fración orgánica do lixo que, no Concello de Viveiro, supón o 42% dos 462 quilogramos que xera de media ao ano un cidadán do noso concello”, engadiu a alcaldesa de Viveiro.
O Concello de Viveiro pretende con esta aposta pola compostaxe que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares. Así mesmo, traballarase con catro centros educativos que dispoñan de comedor e horto ou zona verde.
A iniciativa, con financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e prolongarase 11 meses. Durante ese tempo mestres composteiros visitaran as familias para facer un seguimento dos composteiros e dar unha formación continua a cidadanía.
Para participar de forma gratuíta no programa é necesario completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF) ou enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com. Unha vez inscritas, as familias serán convocadas a xornadas de formación neste mes de decembro e recibirán nas súas casas un composteiro antes da visita do mestre composteiro.
O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



