Lugo, a 29 de decembro de 2020. O grupo provincial do PP anunciou na sesión plenaria celebrada pola Deputación esta mañá, antes da correspondente votación, que se abstería de dar o visto bo as bases do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021, segundo explicou o portavoz popular, Javier Castiñeira, “non foi chamado a participar; salvo “que se recolla a emenda de subir ata 25 millóns o importe do plan e acepte o compromiso de repartir os fondos europeos con criterios obxectivos e pactados entre todos os grupos desta corporación”.
O portavoz popular iniciou a súa intervención felicitando ao presidente, José Tomé, porque “cremos –dixo- que é unha mellora substancial aprobar as bases do plan antes de iniciar o exercicio 2021 tal e como lle pediamos en marzo deste ano cando aprobamos o do 2020”. Está convencido de que desta maneira “axúdase bastante aos concellos a xestionalo e poder facer os tramites con maior seguridade xurídica”. A continuación puntualizou que “de igual que é xusto e de recibo felicitalo polo prazo tamén lle dicimos que non pode estar satisfeito, porque satisfeito podería estar se trouxese un plan consensuado e traballado coa oposición, que novamente coñeceu pola prensa que se van aprobar as bases do plan único neste pleno”. A pesar de todo, Castiñeira confirmou o “ofrecemento do grupo popular a colaborar e volvemos repetirllo a pesares do seu ninguneo continuo”.
Castiñeira sostivo que Tomé, como fixo en relación cos orzamentos, demostra de novo que non é home de acordo e consenso, e que, se quere parecerse ao seu predecesor, debe mellorar. Sinalou: “Cito ao señor Campos porque foi el, a iniciativa da popular Elena Candia o que pactou a creación dun Plan Único anual de reparto con criterios obxectivos; vostede señor Tomé vive desas rendas e non foi capaz nestes dous anos de pactar co partido maioritario nin un so acordo transcendental para a provincia”.
Castiñeira dixo tamén que Tomé non pode estar satisfeito dado que incumpre a súa promesa e practicamente conxela o importe do Plan Único, de maneira que apenas se incrementa en 200.000 euros. Lembrou que Tome prometera unha suba do 25%. O portavoz popular está convencido de que Tomé non alcanza a comprender que o ano 2021 será decisivo e excepcional.
A proposta do PP é esta: “Incorpore os 3,5 millóns de euros do fondo extraordinario do ano pasado ao Plan Único, o que suporía aproximadamente un 15 % para este ano e ir avanzando na súa promesa”. Castiñeira lembrou as decisións adoptadas na Deputación da Coruña: “Subiron o Plan Único un 37% pasando de 47,2 millóns de euros a 64,6 millóns. Na Deputación da Coruña o Plan Único respecto ao orzamento de 185 millóns de euros supón un 35%, mentres que en Lugo esa cantidade redúcese a un 23%, máis baixo aínda que a Deputación de Pontevedra no que o plan de concellos supón un 25,7% en comparación co orzamento (42,5 millóns do plan concellos cun orzamento de 165 millóns)”.
Castiñeira está convencido de que Tomé non incrementa o Plan Único porque así “ten máis cantidade para os convenios a dedo. recórdolle o que nos dixo o ano pasado, que non se podía incrementar en 700.000 € posto que non se cumpría a estabilidade e semanas despois traen 3,5 millóns sacados do remanente para convenios a la “carta”, que a día de hoxe convertéronse xa en 4,87 millóns”. Explicou que “deses 4,87 millóns só o 3 % foron para concellos do PP a pesares de ser case que a metade, pola contra os do PSOE levan o 50% e os BNG, que son 4, o 15%”. Os populares din que “ese é o reparto que lles gusta a vostedes, polo que se Campos e Candia non firmaran o Plan Único no 2017 vostedes non o terían implantado”.
O portavoz popular manifestou: “Sabemos, señor Tomé que non lle gusta o Plan Único: non lle gusta, porque vostede é máis de dar de comer á boca e non da autonomía local”. Engadiu: “tampouco nos gusta que elimine as prórrogas. Xa llo dixemos o ano pasado”. Preguntou ao presidente se sabía cantos concellos solicitaron prórrogas na última edición do plan e responde el mesmo: 32.
Castiñeira insistiu na súa petición a Tomé: “corrixa a cantidade e suba 3,5 millóns a cantidade total ata os 25 millóns porque pode facelo como así se demostrou o pasado ano a cargo do remanente e pedímoslle tamén neste caso un reparto obxectivo dos fondos de recuperación que poda percibir a deputación de Europa, e suplementar o plan único unha vez os reciba”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



