Lugo, a 28 de decembro de 2020. O pleno da corporación provincial debaterá mañá en sesión plenaria as bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos. O grupo provincial do PP lamenta que o presidente da Deputación, José Tomé (PSOE), noutra demostración de incapacidade para o diálogo, non chamase aos deputados populares para consensuar este documento. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, está convencido de que “se por Tomé fose, hoxe non habería plan único na provincia de Lugo, porque non sabe o que é o reparto equitativo e obxectivo”.
O portavoz popular di que o goberno provincial non pode estar satisfeito da súa proposta de bases para o Plan Único porque non foi consensuada co grupo con máis deputados, o popular. Castiñeira, pese ao ninguneo inxustificable ao que pretende someter Campos ao grupo do PP, reitera o seu ofrecemento a colaborar para resolver da maneira máis eficaz para a provincia as cuestións máis relevantes.
Castiñeira sinala: “Tomé nunca sacaría adiante un plan único como se sacou baixo a presidencia do seu antecesor e compañeiro de partido, Darío Campos, a petición, por iniciativa do PP cando tiña por portavoz a Elena Candia. El foi capaz de pactar a creación dun Plan Único elaborado con criterios obxectivos. O Plan Único venlle imposto da anterior corporación, dun pacto que todo o mundo sabe entre Campos e o PP de Elena Candia, en decembro de 2016, para aprobar os orzamentos cando o BNG rompeu o pacto cos socialistas”.
En opinión do portavoz popular, “Tomé vive das rendas e foi incapaz nestes dous anos que leva presidindo o goberno provincial de pactar co partido maioritario na Deputación nin un só acordo transcendental para a provincia”. Os populares din que o actual presidente da Deputación “non é home de acordo e de consenso, unha carencia que debe remediar se quere parecerse en algo ao seu antecesor, Darío Campos”. Sinala igualmente: “Se por Tomé fose, eses 21 millóns de euros que se van aprobar irían directamente á política partidista que está a levar, como se demostra no reparto dos fondos de designación directa”.
Castiñeira está convencido de que o socialista Tomé non quere incrementar o Plan Único para dispoñer de máis cartos para “os convenios a dedo”, nos que fixo un reparto no que só o 3% foi a concellos gobernados polo PP, mentres que os do PSOE levaron máis do 40% e os do BNG, o 15%, e, o resto, para outros. “A Tomé non lle gusta o reparto con criterios obxectivos, prefire dar de comer na man para que parece que é el o que achega os cartos, algo así como o que pretendeu Pilar Cancela ao dicir, para escándalo dos cidadáns, que as vacinas contra a covid as paga o Goberno de Pedro Sánchez”.
O portavoz dos populares di ao presidente da Deputación: “Si, vostede é máis partidario de dar de comer na man que da autonomía local. E como é así ten que mellorar moito en canto a aplicar criterios de xustiza á hora de repartir os fondos dispoñibles e para facelo con diálogo, buscando o consenso; como non o fai, dicímoslle que non pode estar contento”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



