Lugo, 7 de xaneiro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración co presidente da Federación de Comercio A Mariña, José Carlos Paleo, pola cal a institución provincial achega 14.250€ ao colectivo, en dúas anualidades, para desenvolver varias campañas enfocadas á promoción do comercio de proximidade, co fin de dinamizar a economía da comarca ante a crise provocada polo coronavirus.
Tomé Roca destacou que “esta axuda enmárcase na aposta decidida da Deputación por apoiar a un dos sectores máis afectados pola pandemia, como o comercio e a hostalería, que sufriron e seguen sufrindo grandes dificultades. Ante esta situación, dende as administracións non podemos mirar cara outro lado. Por este motivo, e como vimos demostrando, colaboramos coa Federación de Comercio A Mariña, para que eses máis de 7.000 postos de traballo se manteñan, e, deste xeito, saír xuntos, fortes e unidos desta situación”.
Neste senso, o mandatario provincial salientou a importancia do pequeno comercio, “que ten un efecto vertebrador sobre os concellos”, e subliñou “a necesidade de seguir apostando por unha actividade que aporta proximidade, calidade e, sobre todo, confianza”.
A Federación de Comercio A Mariña conta con máis de 1.100 asociados da comarca e ten como obxectivo organizar eventos e iniciativas que axuden a tódolos seus asociados, buscando obter unha repercusión económica importante na comarca.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



