Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo que deixan de estar afectados pola couza guatemalteca. Ao non teren rexistrado ningunha captura nos dous últimos anos, deixarán de ser consideradas zonas infestadas e pasarán a englobarse na demarcada como zona tampón.
En concreto, pasan a esa zona tampón os concellos coruñeses de Cariño, Ortigueira e Neda, así como os municipios lucenses de Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro. Tras a publicación de hoxe no DOG, nestas localidades permitirase plantar pataca pero farase un seguimento exhaustivo dos cultivos por parte da Consellería do Medio Rural, que manterá as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación co obxectivo último de controlar a expansión da couza. Nese senso, establécese a data do 1 de abril como o prazo máximo para presentar as declaracións de sementeira en todas as zonas tampón.
A maiores, a resolución do Diario Oficial de Galicia declara como zonas infestadas pola couza e, polo tanto, que pasan a ter prohibida a plantación de pataca, as parroquias de Sorrizo e Chamín, no concello coruñés de Arteixo. Deste xeito, os agricultores afectados deberán presentar -nun prazo de vinte días hábiles a contar dende hoxe, día da publicación no DOG- unha declaración das existencias de pataca almacenada para que os servizos oficiais procedan á súa retirada e destrución. Tras a eliminación deste tubérculo, deberán proceder a desinsectar o solo, as paredes e o teito da zona de almacenamento.
Como resultado da ampliación da zona infestada pola couza guatemalteca ás parroquias arteixás de Sorrizo e Chamín, pasan ademais a considerarse zonas tampón as parroquias lindeiras de Barrañán e Armentón, no mesmo concello coruñés, coa conseguinte adopción das medidas pertinentes. Por último, a resolución especifica todas as parroquias e municipios das provincias da Coruña e Lugo que seguen incluídos tanto na zona infestada como na zona tampón, así como as medidas que deben seguir tomando.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



