Lugo, 27 de xaneiro de 2021. As deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra manterán esta tarde, na reunión convocada polo Clúster de Turismo de Galicia, a súa proposta de achegar o 1% dos orzamentos das administracións galegas en 2021 a un fondo común de rescate da hostalaría e instarán á Xunta a “chegar tamén a este 1% hostaleiro”. As institución provinciais cren que a rectificación do Goberno galego, que anuncia agora un incremento da súa achega ata os 75 millóns pola presión do mundo local e do propio sector, segue sendo insuficiente porque representa só o 0,64% dos 11.663 millóns de orzamento da administración autonómica.
Este incremento que agora anuncia a Xunta avala a postura que boa parte das administracións locais galegas veñen defendendo desde o inicio das negociacións: que a achega autonómica era claramente insuficiente para atender a un sector que atravesa unha situación crítica, tendo en conta que é a administración que ten as competencias e conta cos recursos económicos, e, máis aínda, despois do peche total do sector que vén de decretar en toda a comunidade autónoma o Executivo galego.
As institucións provinciais de Lugo, A Coruña e Pontevedra manterán o seu compromiso do 1% cun dos sectores máis afectados pola pandemia e esperan que a Xunta chegue tamén a esta porcentaxe na reunión convocada esta tarde polo Clúster de Turismo de Galicia, á que os representantes das deputacións acudirán “cos deberes feitos e con vontade construtiva, co obxectivo de chegar a un acordo de maneira inmediata que responda ás urxencias do sector”.
Respaldo das cidades
Á fórmula do 1% hostaleiro reúne cada vez un maior consenso institucional e tamén do sector. Así, á proposta véñense sumando publicamente nos últimos días as principais cidades e vilas galegas como A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo ou Lugo, dispostas a achegar tamén o 1% dos seus orzamentos para este plan de rescate coordinado en colaboración coa Xunta de Galicia e as deputacións, que elevaría notablemente o orzamento do fondo ata os 140 millóns de euros cun modelo “xusto e proporcional”, no que cada administración contribuiría en función do seu orzamento e que eliminaría burocaria e simplificaría a tramitación das axudas ao tramitarse a través dunha única solicitude.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



