Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe a presentación telemática aos representantes do sector do Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia (2000-2018), un documento que, salientou, permite contar cunha foto fixa da realidade das distintas modalidades de pesca de artes menores de Galicia e das súas principais especies obxectivo. Esta ferramenta, engadiu, está a disposición do sector e contribuirá a adoptar as mellores decisións na xestión dos recursos así como a conseguir que a actividade se desenvolva de xeito sustentable e rendible.
Este estudo a fondo da frota de artes menores -que conta con preto de 4.000 embarcacións- é froito do traballo que desenvolve a Unidade Técnica da Pesca de Baixura (UTPB) desde 1999 mediante o embarque de observadores a bordo dos buques pesqueiros -que rexistran os resultados obtidos polos mariñeiros nas súas xornadas de faena- e a análise dunha media de 3.000 lances anuais, unha información que se suma aos datos de vendas nas lonxas ofrecidos pola Plataforma Tecnolóxica da Pesca. Por iso, o atlas ten o dobre obxectivo de dar conta da actividade da UTPB neses 18 anos e tamén ser unha ferramenta útil para a toma de decisións na xestión dos recursos.
Neste sentido, a titular de Mar incidiu en que Galicia aspira a alcanzar un modelo de pesca sostible co que garantir un futuro próspero ás comunidades costeiras e subliñou que este traballo é unha ferramenta máis na busca dese obxectivo. De feito, indicou, contribuirá a mellorar a eficiencia na protección dos hábitats e na conservación dos recursos así como a adoptar mellores medidas na explotación das especies acurtando así a distancia entre as estimacións científicas e as que fai o propio sector.
O Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia (2000-2018) analiza en profundidade a actividade extractiva da frota de artes menores, as súas características e as vinte principais modalidades de pesca existentes -como os distintos tipos de nasas ou as artes de enmalle, entre outras- así como a súa evolución. A isto súmase a avaliación en detalle das principais especies obxectivo da frota de baixura -un total de 22 entre as que se atopan o polbo, a centola, a nécora, a sardiña, o xurelo, a pescada ou a vieira- a súa presenza nas distintas zonas do litoral de Galicia e a evolución das súas capturas.
Futuras actualizacións
Trátase dun traballo inxente, destacou Rosa Quintana, que non remata aí pois nos vindeiros anos o atlas actualizarase de xeito constante cos datos obtidos pola Unidade Técnica de Pesca de Baixura desde 2018 ata a actualidade e non incluídos nesta edición así como os que se acaden no futuro. “Temos que seguir traballando co obxectivo de asegurar a sustentabilidade e a rendibilidade da nosa pesca artesanal e este seguimento da actividade é fundamental”, salientou a representante do Executivo galego.
A titular de Mar agradeceu o gran labor realizado por todos os profesionais que participaron de xeito directo ou indirecto na elaboración deste documento e lembrou que traballos coma este contribúen a que na toma de decisións sobre as pesqueiras non se teñan en conta unicamente os aspectos medioambientais senón tamén os económicos e sociais, algo que a Xunta vén defendendo nos últimos anos diante das institucións europeas.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



