Teño a idea, dende que lembro, de que a frase ‘menos mal que nos queda Portugal’ non era desprezativa para os nosos veciños, senón todo o contrario, que significaba para nós o alivio dun socorro seguro se facía falta no último momento, e cos medios limitados que tiñan. Abondo máis adiante na miña vida atopeime coa interpretación do dito coa consideración de Portugal como o vagón de cola de Europa que permitía que España non ocupara ese lugar en tantas e tantas cousas. E ata co disco do mesmo título de Siniestro Total, que aló por 1984, xa a piques de entrar na (daquela) Comunidade Europea, recollían ó seu xeito o dito.
Mais xa naquel 84 Portugal nos adiantara na chegada á democracia, e cunha entrada que en perspectiva coido que se pode cualificar como máis limpa ca nosa, ao menos no sentido de rachar co anterior. Con iso, para min, a frase cada vez tiña máis sentido en termos de posibilidades de apoio. Que tiveran menos cartos non significaba moito. Significaba máis, en negativo, que os seus Mercedes foran acaparados por pouca xente. Ou, en positivo, que foran capaces de manter os ubicuos mosaicos.
Tempo pasou dende aqueles anos, e dende Galicia puidemos ver como o desenvolvemento relativo do norte portugués foi maior que o noso, aínda que en renda per cápita podan seguir por baixo. Ou tamén, falar do tirón organizado do aeroporto do Porto, que fai que moitos galegos o usen en detrimento dos ‘nosos’. E aínda, do desenvolvemento en investigación, cun tirón que contrasta co que se está a facer en Galicia… Por suposto, nestes anos, en Portugal, non todo son cousas boas. Como botón de mostra, hai dous veráns puidemos contemplar como os incendios no centro de Portugal non tiñan fronte a eles estratexia e medios de loita convenientes… polo demais, parello ó que pasa canda nós.
Tamén puiden atopar entre un e outro tempo portugueses que non tiñan ben considerados ós galegos (ou a Galicia, ou ó galego) e xente en Galicia que tampouco tiñan ben considerados ós portugueses (ou a Portugal, ou ó portugués). Lembro por exemplo hai perto de dez anos unha conversa cunha portuguesa nun autobús na que me dixo algo como que a ela gustáballe falar castelán e non quería falar galego, que non era nada máis que un mal portugués. Para non ter un conflito internacional tentei calmar os ánimos e aí quedou a cousa.
Mentres parece que Porto estivera abondo máis lonxe que de Valladolid para moitas cousas, coido que dicir que Galicia e Portugal teñen unha irmandade sentida non é algo baleiro de sentido. E que o achegamento entre ambas beiras da liña debe ir máis aló de se apuntarnos á ‘hora de Portugal’ ou non, ou de loitar por un mercado de pasaxeiros aeroportuarios ou cooperar, é algo a normalizar, non é ilóxico. Mais a realidade non vexo que camiñe nese sentido se non é nalgunha situación forzada. Verei ben ou é que me teño que graduar a vista?



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



