Foz, 24 de febreiro 2021. O Concello de Foz debatirá no pleno deste xoves, día 25, unha proposta da Alcaldía para derrogar a ordenanza fiscal por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa, a coñecida coma taxa de terrazas.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca que a crise económica derivada da pandemia do COVID-19 cebouse especialmente co sector da hostalería. “Criminalizouse a bares e restaurantes, xa desde o mes de xullo do 2020, cando a Xunta responsabilizou do brote da Mariña a tres bares de Burela sen ningún dato. Sabemos da importancia do sector en Foz e somos coñecedores das reivindicacións dos hostaleiros. A forma legal e máis efectiva de non cobrar esta taxa, segundo os servizos xurídicos do Concello, é derrogar a ordenanza fiscal; e iso imos levar a aprobación do plenario, co compromiso de non cobrar as terrazas durante o período dun ano desde que sexa efectiva a orde”.
O rexedor tamén indica que “do mesmo xeito que o ano pasado, vaise flexibilizar o aumento da superficie de terrazas se o espazo así o permite, garantindo e priorizando sempre o paso de peóns e os dereitos de todos os propietarios de inmobles. Agora mesmo as terrazas son fundamentais para que os negocios funcionen minimamente, xa que os aforos no interior son moi reducidos ou elimínanse segundo a incidencia do COVID en cada concello. É por iso que temos que actuar de forma responsable, pero facilitando a supervivencia dos negocios. De acordo cos anuncios feitos estamos traballando no reinicio de distintas campañas en colaboración cos hostaleiros e coa ACIA local e pedimos a todas as veciñas e veciños que aposten por consumir no concello nuns momentos que non son nada fáciles. Tamén agardamos que quen ten competencias no sector, o goberno autonómico, conceda indemnizacións e axudas efectivas e reais que alivien, polo menos en parte, a carga de endebedamento froito do peche obrigado dos locais”.
Fran Cajoto quere tamén trasladar unha mensaxe de ánimo a todo o sector e pedir unha volta ao consumo responsable, con todas as medidas de seguridade, cando se produza a reapertura dos establecementos.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



