Mondoñedo, 25 de febreiro, 2021. O Concello de Mondoñedo organiza, para o día 28 de febreiro de 2021, os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro no corenta cabodano do seu pasamento.
Os actos comezarán cunha ofrenda floral perante a súa tumba no Cemiterio Vello da cidade episcopal e seguirán no auditorio municipal Pascual Veiga co nomeamento da “Cunqueirana de Honra” a Dna. Rexina Vega Rodríguez, coa lectura pública da obra de Cunqueiro El año del cometa e coa presentación do libro Arqueoloxía cunqueiriana de D. Abel Vigo, volume que forma parte da Coleccion Selva de Esmelle da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.
O desenvolvemento dos actos será como segue:
Cemiterio Vello:
11.00 horas: Recepción por parte do Alcalde de Mondoñedo aos/ás convidados/as aos actos.
11.15. horas: Ofrenda Floral ante a tumba do escritor e intervención por parte das autoridades.
Colocación dunha rosa ante a tumba de Leiras Pulpeiro.
Auditorio Municipal Pascual Veiga
11.45 horas: Acto de nomeamento de “Cunqueiriana de Honra” á Profa. Dra. da Universidade de Vigo Dª. Rexina Rodríguez Vega.
Intervención da Cunqueiriana de Honra, de D.Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro), e D. Alberto García Fernández (Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Mondoñedo).
12.30 horas: Comezo do Maratón de lectura pública da obra de Cunqueiro
El año del cometa. Inicio da lectura por parte da Cunqueiriana de Honra, Dª. Rexina Vega. Continúan a lectura outros/as convidados/as.
13.00 horas: Presentación do libro Arqueoloxía cunqueiriana, volume da
Colección Selva de Esmelle. Intervirán: D. César Cunqueiro González–Seco (escritor e fillo de D. Álvaro Cunqueiro); o Prof. Dr. D. Felipe Debasa Navalpotro da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid; D. Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro) e o Dr. D. Abel Vigo García (autor da obra e arqueólogo do Concello de Mondoñedo).
Asistirán ao acto:
D. Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde–Presidente do Excmo. Concello de Mondoñedo
Dna. Elena Candia López, Primeira Tenente de Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo e Deputada Autonómica
D. Alberto García Fernández, Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Mondoñedo
D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Dna. María Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno Dna. Mayra García Bermúdez, Deputada Provincial de Lugo
Dna. Rexina Rodríguez Vega, Cunqueiriana de Honra e Profesora da Universidade de Vigo
D. Armando Requeixo Cuba, Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa- Museo Álvaro Cunqueiro
D. César Cunqueiro González-Seco, escritor e fillo de D. Álvaro Cunqueiro
D. Felipe Debasa Navalpotro, Profesor da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
D. Abel Vigo García, Arqueólogo do Concello de Mondoñedo
Outros/s representantes da Corporación Local
Estes actos de Homenaxe a D. Álvaro Cunqueiro son públicos. Celébranse observando as medidas sanitarias establecidas para a Covid-19, co que os aforos serán limitados tendo en conta estas normativas.
A entrada ao Auditorio Municipal será controlada e permitirase acceso ao público ata completar o aforo posible dentro do cumprimento das normas anti-Covid-19.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



