A Fonsagrada, 28 de febreiro de 2021. O Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, acusou hoxe ao Goberno de Feijóo “de torpedear os proxectos do Concello”. Así o dixo despois de manter unha xuntanza de traballo co Delegado Provincial da Xunta, ao que solicitou a cesión do pavillón polideportivo do IES Fontem Albei, dependente da Consellería de Educación, para que sexa utilizando pola veciñanza. Ademais lembra “esta é a segunda vez que solicitamos estas pavillón, e seguimos recibindo a negativa por resposta”.
Por outra parte hai que remarcar que “os estudantes do Instituto, como todos sabemos, utilizan o Pavillón Municipal do Concello para as clases de educación física dende fai máis de 25 anos, xa que o pavillón do IES non é apto segundo o seu estado actual para a práctica deportiva”, advertiu.
Así as cousas Carlos López explica que tras orzamentar 36.000 euros a través do Plan Único da Deputación para a construción de dúas pistas de pádel no Concello, “solicítamos novamente a cesión deste pavillón co fin de reformalo e realizar as cubertas desta instalación. Pero ante esta segunda negativa da Xunta, vémonos na obriga de construílas noutro emprazamento”, denunciou.
O rexedor sinala que “agora as veciñas e veciños da Fonsagrada vémonos na obriga de desfrutar dunhas pistas de pádel ao aire libre, e mentres, a Xunta seguirá cun edificio en estado de total abandono na nosa vila, sen deixar á toda veciñanza desfrutrar del”, insistiu.
Polo tanto “o Concello da Fonsagrada investirá preto de 100.000 euros para cubrir as pistas de pádel nun futuro, debido a falla de sensibilidade do Goberno de Feijoo cos proxectos do noso Concello”, resumiu López.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



