Lugo, 01 de marzo de 2021. O Consello Provincial de Turismo é, en teoría, un órgano participativo e consultivo. Na práctica, nin participativo nin consultivo, como poñen de manifesto o deputado provincial Jesús Novo (alcalde de O Vicedo) e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, despois de participar na máis recente reunión do Consello. Novo, en representación do PP, e Guitián como representante do Consorcio, asistiron o pasado xoves á reunión do Consello, para tratar do denominado, polo goberno da Deputación, Plan de Impulso da Economía da Provincia: os dous coinciden en sinalar que foi un acto de propaganda, un mitin, que supuxo un verdadeiro ninguneo para os representantes do sector do turismo na provincia.
O deputado Jesús Novo sinala: “A recente reunión do Consello Provincial de Turismo demostrou unha vez máis que o actual formato non é o axeitado e cremos que precisa un cambio. Na reunión celebrada o xoves pasado, máis que a unha reunión na que se debía de tratar de turismo, ao que realmente asistimos foi a un mitin político a cargo da deputada da área”
Tamén declara Novo: “No PP solicitamos un cambio de formato, que poidamos participar todos. É certo que se nos deixa intervir, pero xa nos traen os deberes feitos, e o único que podemos facer é dicir se estamos ou non de acordo; as nosas opinións e propostas de pouco valen neste caso”.
Polo seu lado, o alcalde de Sober e presidente do Consorcio da Ribeira Sacra, Luís Fernández Guitián, sinala: “Está claro que o Consello Provincial de Turismo non pode funcionar tal e como está funcionando. Está sendo un órgano propagandístico do presidente da Deputación e do seu equipo. En realidade debía de tratarse dun ente consultivo e participativo, no que todos os membros puideran expresar as súas opinións e tiveran a oportunidade de rebater as opinións do propio grupo de goberno”.
Igualmente indica: “Tal como está funcionando non ten utilidade ningunha, como quedou claramente reflectido na última reunión. O presidente fixo unha exposición sen comunicar previamente a ninguén a documentación do que ía na orde do día. Está claro que os obxectivos dese órgano son outros e se segue funcionando tal como está o mellor é que se disolva porque non ten ningunha operatividade”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



