Viveiro, 17 de febreiro, 2021. Era o 2 de outubro de 2019 cando se acordaba en pleno a petición do BNG de retirar toda simboloxía fascista do Barrio do Chao, en cumplimento da Lei de Memoria Histórica e por respecto ás víctimas da barbarie franquista.
Mais por desgraza o nome do fascista Pedrosa Latas segue a presidir a entrada do Barrio do Chao grazas ao beneplácido da alcaldesa, María Loureiro, que en 16 meses non foi capaz de aplicar a lei retirando unha placa que apenas está suxeitada cuns parafusos.
A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, pregúntalle á alcaldesa “cal é o motivo de que o Barrio do Chao siga manchado co nome deste fascista”, e si “é por incapacidade ou por concordar coas ideas totalitarias do que foi xefe da falanxe en Lugo e que a tantos viveirenses intimidaba a punta de pistola”. A concelleira incide en que “non fai falla que coloquen unhas placas novas, basta con retirar as que hai por xustiza e respecto ás víctimas intimidadas e asasinadas.”
Polo que rogamos, unha vez máis, que de maneira inmediata a alcaldía emita as intruccións necesarias para retirar estas placas e toda homenaxe fascista en aplicación da Lei.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



