Burela, 12 de febreiro de 2021. Dende O Vencello vimos de presentar no rexistro municipal unha solicitude para que se paralice o bando municipal sobre que obriga ao peche dos soares lindantes coas vías públicas publicado polo Concello o pasado mes de decembro.
Para o cumprimento deste bando os seus autores cínguese ao artigo 23 da actual ordenanza municipal de limpeza, que di que os cerramentos deberán ser construídos “con materiais que garantan a súa estabilidade e conservación, e respectando en canto a estas condicións e á súa altura a normativa urbana do Concello.” Esta normativa urbana á que fan referencia é o PXOM, e nel so especifica que os cerramentos deberán ter unha altura máxima de 1,5 metros.
Estes dous condicionantes normativos do bando firmado polo noso Alcalde fan que na práctica sexa un edito “encorsetado” no que se omiten as diferentes particularidades da orografía do municipio (a inmensa maioría de terreos de Burela están situados en pendente e nalgúns casos a varios niveis respecto das vías públicas).
De que seguir ao pe da letra esta concisa normativa carrexará un desembolso económico inasumible para moitos propietarios de pequenas fincas situadas en pendente con grandes desniveis (como xa dixemos, a inmensa maioría dos terreos existentes no concello) e tamén para os donos de terreos lindantes con vías públicas municipais (por certo, algunhas delas aínda carentes hoxe en día de beirarrúas).
Por poñer un exemplo: danse casos de donos de fincas de menos de 10 metros lineais de fachada lindante coa rúa con desniveis de máis 2 metros respecto da beirarrúa. Pois ben, se nos atemos ao bando, estes propietarios terán que facer una cimentación de máis de 2 metros ata o nivel da rúa e a partir de aí levantar o cerramento de 1,5 metros de alto.
A tal desembolso económico hai que sumarlle tamén o custe anual do recibo do IBI e os custes de limpeza e roza destas pequenas propiedades (tamén de obrigado cumprimento segundo a mesma ordenanza municipal de limpeza)… Gastos que sumados son difíciles de afrontar polos propietarios (na inmensa maioría clase traballadora, asalariados e pensionistas que posúen finas de menos metros cadrados). Sobre todo nestes momentos nos que todos nos atopamos nunha situación moi precaria debido á crise que estamos a soportar derivada da pandemia da Covid-19.
Por todo isto, solicitamos á Corporación municipal que, en lugar de publicar un bando tan ríxido, asuma a súa obriga de artellar unha norma (ordenanza, regulamento específico, etc…) que serva realmente de instrumento útil para desenvolver o recollido no PXOM e no que se recollan de xeito claro e preciso a variedade de casuísticas, condicionantes e particularidades das distintas zonas do nosos pobo á hora de acometer os devanditos peches de soares.
Desgraciadamente nos últimos anos levamos vendo como os nosos gobernantes adoitan tomar medidas de xeito arbitrario, unilateral e sen ter en conta á maioría dos veciños. Creemos que decisións coma o cambio de ubicación do mercado, a elaboración do inventario municipal de bens ou agora a publicación deste bando son exemplos de decisións municipais que chocan de fronte coa imaxe de diálogo, talante e progresismo que pretenden dar á opinión pública os nosos representantes locais.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



