Compostela, 4 de febreiro, 2021. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia ten comprometido no exercicio 2021 un investimento de 7,3 millóns de euros en dotación e mellora de instalacións aboiantes, pantaláns e prazas de amarre nos peiraos de titularidade autonómica. O Consello da Xunta analizou esta mañá do informe que, ademais, cifra o esforzo investidor nesta materia en máis de 19 millóns de euros desde o ano 2015.
O documento recolle as distintas actuacións previstas e as fases de tramitación administrativa nas que se atopan a día de hoxe. Neste sentido, o informe dá conta do inicio inminente das obras de reordenación da lámina de auga de Ribeira, que suporán a creación de medio cento de novas prazas de amarre. Ademais están na última fase de contratación, pendentes de adxudicación de contrato, a mellora dos pantaláns de Corme, Pontedeume, Fisterra, O Freixo, Muros, Miño, Betanzos e Corcubión, a reforma dos pantaláns de Testal, a construción do pantalán de pasaxe e ampliación do da escola de remo de Pontecesures e o embarcadoiro de Valga.
Entre as actuacións incluídas tamén están as que se atopan na fase de tramitación ambiental, como as obras de nova construción, ampliación, reforma e mellora das instalacións de atracada de Sada, Rianxo e A Pobra do Caramiñal así como a ampliación de atraques de pasaxe en Cangas. Finalmente, está en fase de redacción do proxecto o pantalán para embarcacións menores pesqueiras en Celeiro, no concello de Viveiro.
Este esforzo investidor, que supón un eixo de traballo estratéxico para Portos de Galicia, redunda na mellora da seguridade dos usuarios dos portos e as súas embarcacións, así como da operativa portuaria e as condicións de traballo dos profesionais do mar. Ademais, xunto coas actuacións destinadas expresamente á dotación de prazas, as melloras dos últimos anos acompáñanse da dotación de fingers e brazos de amarre, así como de servizos básicos, abastecemento de auga e subministración eléctrica.
Portos de Galicia conta a día de hoxe cun total de 14.331 prazas de amarre distribuídas en 66 dos 122 portos que xestiona ao longo dos más de 1.700 quilómetros de franxa litoral. Destas, 10.174 corresponden a prazas do sector náutico recreativo -o 21% impulsadas pola iniciativa privada- e 4.147 son prazas do sector profesional, tanto pesqueiro como acuícola, impulsadas pola Administración pública.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



