Burela, 22 de marzo, 2021. A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Lara Balseiro abriu esta mañá ‘O Camiño que nos Une’ en Pedrafita do Cebreiro, iniciativa promovida pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, que pretende fusionar mocidade, igualdade e inclusión a través das rutas xacobeas. A Guerreira Laranxa participou na primeira xornada do proxecto xunto ao alumnado do CPI Uxío Novoneyra, como centro de ensino de apertura como “porta de entrada a Galicia para tantas persoas peregrinas e por ser un dos puntos emblemáticos da ruta máis popular da provincia, o Camiño Francés”.
A viveirense compartiu co estudantado de Pedrafita as súas experiencias persoais e profesionais arredor do deporte e a igualdade, nun encontro virtual xunto ao presidente da Asociación de Amigos do Camiño, Ángel Trabada, que fixo un percorrido polas achegas dos catro Camiños oficiais da provincia dende o punto de vista cultural e socioeconómico.
8 voces do deporte feminino
‘O Camiño que nos Une’, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de O Teu Xacobeo, desenvolverase de xeito telemático e mergullará ao alumnado de oito centros educativos no impacto positivo que teñen as rutas xacobeas sobre a contorna na que viven a través de 8 voces do deporte feminino. Ademais de Lara Balseiro, converteranse en protagonistas e espello dos valores do Camiño a atleta Alessandra Aguilar, a xogadora de volei Nuria Bouza, a piragüista Tania Fernández, a judoka Sara Álvarez, as atletas Saleta Fernández e Adiaratou Iglesias, así como Hilda Rodríguez, primeira deportista galega en acadar unha medalla nuns Xogos Paralímpicos (Atlanta 1996).
Destinos
Participarán centros de dous municipios por cada un dos Camiños oficialmente recoñecido: o CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita do Cebreiro e o IES do Camiño de Palas de Rei en representación do Francés; o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo e o IES Basanta Silva de Vilalba no Camiño do Norte; o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Lama das Quendas de Chantada como referencias vencelladas ao Camiño do Sur ou do Inverno; e, finalmente,como bandeiras do Camiño Primitivo, o CPI de Castroverde e o IES Lucus Augusti da capital da provincia.





















Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas da noite a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.



