Santiago de Compostela, 9 de marzo, 2021.Pleno. A portavoz en materia de Pesca do BNG, Rosana Pérez demandou “un acordo” de todas as forzas políticas para reclamar “un incremento” da partida destinada ao sector pesqueiro de 2,2 M€ para todo o Estado español, cantidade que cualificou “inaceptable” e ante a que propuxo “un acordo” de todas as forzas políticas para fixar unha contía compensatoria que debe ser defendida no Congreso e Parlamento europeo.
Na súa intervención, a deputada afeou que a conselleira do Mar non comparecera dende o 16 de decembro, data do consello anual de ministros de pesca da Unión europea que decidiu a cantidade e especie a pescar pola a frota galega durante o 2021. “Vostede nunca está”, non estivo o 16 de decembro, non estivo o 24, non estivo en todo o mes de febreiro cando numerosos bancos marisqueiros deste país quedaron arrasados, non está agora cando se necesita unha verdadeira resposta contundente á dirección Xeral de Asuntos Marítimos e de pesca da UE. Vostede, engadiu, viaxou a Bruxelas ao Consello anual de Ministros en decembro para traer o mesmo que trae todos os anos, “recortes e redución da capacidade pesqueira da nosa frota”.
Para a deputada, a “falta de peso político de Galiza”, no estado e na UE, quedou de manifestou no acordo do Breixt. Ante este acordo, a conselleira do Mar respondeu “culpabilizaando do resultado ao goberno español e a propia UE”.
Ademais, engadiu que a falta de sensibilidade da conselleira quedou retratada nas afirmacións da titular da consellería asegurando que , “vai a haber que pensar en fixar unha cota mínima de pescadores para garantir a súa sostibilidade”, esa era a súa solución ao acordo, salientou Rosana Pérez, “eliminar mariñeiros”, comprenderá vostede que non nos expliquemos como a día de hoxe, “aínda continúa sentada nese escano”.
O Brexit, explicou, sáldase cun acordo que remata no 2026, (5 anos) e que implica que a frota europea, incluída a galega, renuncia a un 25% das capturas nos caladoiros do Reino Unido e, no caso das Malvinas, aínda están por decidir os aranceis.70 barcos galegos nos caladoiros do Reino Unido: 60 no Gran Sol (1.400 mariñeiros), 20 en Malvinas (400 mariñeiros), aos que hai que engadir 36 buques de bandeira británica e capital galego. Despois do 2026, as negociacións faranse anualmente, especie a especie e supoño que ninguén pensará que despois deses 5 anos, recuperaremos a cota perdida. No mellor dos casos, recalcou a deputada, “haberá que pelexar cada ano por minimizar os recortes de capturas”, unha situación agravada pola distribución anual de Tacs decididos pola UE cun reparto que, ano tras ano, prexudica a Galiza. A frota das Malvinas, remarcou, enfróntase a soportar aranceis que poden ir ata un 18% e ademais os buques de capital galego e bandeira británica están ameazados pola posíbel normativa do Reino Unido para asegurar un maior peso de capital británico no sector e polos dereitos de cidadanía dos seus mariñeiros galegos que poden verse afectados.
Tras lembrar o acordo parlamentario aprobado por unanimidade no Parlamento galego para tramitar o recoñecemento de Galiza como “zona altamente dependente da pesca” e mellorar o acceso ás cotas de pesca e financiamento da actividade produtiva, así como demandar do goberno do Estado a revisión do “principio de estabilidade relativa” para garantir un equilibrio axustado e equitativo a cada país, a nacionalista volveu a propoñer “un acordo” para incrementar a partida do fondos europeos destinados ao sector pesqueiro e o compromiso de defender este acordo no Congreso e na UE.
Tras a intervención da conselleira, que eludiu pronunciarse sobre as propostas formuladas pola deputada do BNG, Rosana Pérez reiterou que urxe reclamar o incremento da partida para compensar ao sector pesqueiro e manter aos grupos parlamentarios informados porque o único que coñecemos son as declaracións á prensa. Hai que tomar decisións “áxiles e efectivas” porque o sector non pode seguir agardando e “o peor do Brexit está por vir”, concluíu.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



