Santiago de Compostela, 11 de Marzo 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, o portavoz parlamentario de turismo, Daniel Pérez, e a portavoz municipal de Santiago, Goretti Sanmartín, mantiveron un encontro coa Plataforma galega en defensa da hostalería para analizar a situación dun sector que xa deixou polo camiño 10.000 postos de traballo.
“A situación é gravísima e non afecta só os aos propietarios dos negocios, afecta a traballadores e provedores de alimentación, bebidas, servizos técnicos ou ao sector primario, porque a hostalaría repercute en todo o tecido económico das vilas e cidades”, argumentou Pontón, quen insiste en reclamar un Plan de rescate da hostalería ante as axudas “escasas e tardías” do Goberno de Feixóo.
“O que non pode facer un Goberno responsable é cortar de raíz a actividade dun sector sen poñer sobre a mesa as axudas necesarias porque as facturas non están confinadas e seguen chegando puntualmente, e a resposta da xunta é insuficiente e tardía, axudas que non cobren as perdas deste sector que está nunha situación límite”, indicou.
Ante isto, Pontón salientou as propostas do BNG que pasan por un Plan de rescate real para a hostalería e o turismo, “que debe estar operativo canto antes para evitar máis peches definitivos de locais”, un plan que debe ir acompañado dun paquete de medidas no ámbito fiscal e financeiro. Con actuacións como aprazar os pagos de IRPF, do IVE e ampliar prazos para abonar o imposto de sociedades, así como aplicar un IVE reducido, “para darlle competitividade e animar o consumo”.
Igualmente, o Bloque propón exonerar ás persoas autónomas do pago das cotas correspondentes ao tempo de peche e reducións no pago das cotizacións sociais xs afectadxs polo cese de actividade derivado da pandemia. Finalmente, insta ao Goberno da Xunta á negociar coas entidades bancarias un mínimo dun ano de carencia nos créditos.
“É imprescindíbel darlle un apoio decidido ao sector a través duns orzamentos expansivos e eses recursos, -incluíndo tamén os Next Generation-, deben chegar aos sectores económicos e aos traballadores e traballadoras, autónomos e autónomas”, concluíu Pontón, indicando que vai levar todas estas propostas a través de iniciativas parlamentarias.
A líder do BNG tamén se referiu ao encontro mantido onte entre o presidente da Xunta e o Ministro de Fomento, que cualifica de “fiasco” por canto non tivo resultado algún para Galiza.
Encontro fiasco para Galiza
“O balance limítase a un Feixóo presumindo dun acordo do BNG, como é a rebaixa das peaxes con 55 M€ nos orzamentos, e o seu trágala ante Abalos, dicindo que si a todo sen ter nada concreto. Nin sequera foi capaz de reclamar que o Estado asuma a débeda do Porto da Coruña, como se fixo co Porto de Valencia, e resulta que a gran novidade é o anuncio da conexión por tren a Punta Langosteira, como se estivese en cuestión unha infraestrutura que leva anos de retraso”, alegou.
“As postas en escena teñen que ter algo detrás, resultados concretos, pero todo apunta a que tras este encontro o que se prepara é un novo agravio con Galiza en infraestruturas básicas para o País”, advertiu a portavoz nacionalista.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



