
Foto de arquivo
Ribadeo, 30 de marzo de 2021. Os Socialistas de Ribadeo reclaman unha solución para os veciños do Barrio da Torre, en Vilaselán. Así o avanzou a Voceira Socialista, Marta Rey, trala celebración plenaria do mes de marzo, na que interpelou ao Goberno Local sobre a ampliación deste vial. “O Concello recoñeceu que é unha situación complicada, pero que tratan de solucionar”.
O Grupo Socialista tamén demandou, a través dun rogo, que se mellore a estrada da Costa, debido o mal estado no que se atopa. “Solicitamos que se acondicione de xeito provisional, aínda que sexa de maneira parcial, mentres non se actúa sobre a totalidade desta infraestrutura”, explican.
Ademais, “reclamamos a mellora do firme no barrio da Madanela (Villaframil), sobre todo na pista que pasa por diante da capela, e que se instalen novos puntos de luz, moi necesarios nesta zona”.
Nesta sesión plenaria, Marta Rey explicou que emprazou ao Alcalde “a que se reúna con outros alcaldes da zona fronteiriza, para que propoñan de xeito conxunto que se suprima o peche perimetral, xa que está afectando moi negativamente ó occidente asturiano e o oriente galego. Todos queremos se cumpran as normas sanitarias, pero tamén queremos vivir e traballar, por iso, entre todos temos que buscar unha solución a situación que estamos vivindo por mor do peche, iso si, atendendo sempre as recomendacións sanitarias”, insistiu.
Agradecemento a Miguel Ángel Gómez Martínez
Dende a Agrupación Socialista de Ribadeo agredecen “a doazón por parte do veciño de Ove, Miguel Ángel Gómez Martínez, afincado en Londres, da escultura que leva por titulo Nave, que se instalará no cemiterio de Ove”.
No que se refire as mocións, apoiamos “a proposta de medidas fiscais e de reactivación na economía, xa que consideramos que son medidas reais, necesarias e asumibles por parte do Concello de Ribadeo”. E sobre a iniciativa popular para reforzar a imaxe de Ribadeo, como porta de Entrada do Camiño, “abstivémonos xa que é unha moción simplista, con ideas pobres, e pouco significativas, para a diferenciación, internacionalización e a promoción que necesita Ribadeo, como chave de entrada a Galicia”, explicou Marta Rey.




















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



