Foz, 7 de abril de 2021. A máis recente sesión plenaria puxo de manifesto, en opinión dos concelleiros populares, que “en Foz estamos a vivir un mandato municipal esperpéntico, grazas aos despropósitos do equipo de goberno dirixido por Fran Cajoto”. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “o último capítulo deste sainete dirixido polo señor Cajoto foi, no pasado pleno ordinario, a retirada por el mesmo dunha proposta da alcaldía para cambiar a imaxe corporativa do Concello, que xa fora presentada en público por parte do equipo de goberno sen estar aprobada polo pleno, que é o órgano municipal que ten as competencias”.
Castiñeira cre que esta forma de actuar do alcalde é “unha autentica falta de decoro e de respecto á corporación municipal, en tanto que decidiu unilateralmente algo que corresponde aos 17 concelleiros que conforman o pleno”. Destaca que a iniciativa do alcalde tampouco conseguiu días antes “o apoio dos seus socios de goberno, que ao parecer, descoñecían, igual que o resto dos grupos, o cambio de imaxe corporativa que presentara Cajoto”.
O portavoz popular di que “ante a presumible falta de apoio dos seus socios e ante unha oposición absolutamente indignada de ver como o PSOE se salta as competencias plenarias, o alcalde decidiu retirar da orde do día a súa propia proposta, algo que é totalmente ridículo”.
O Partido Popular tiña decidido votar en contra da proposta, dado que nin foi informado nin foi consultado de tal cambio e soubo polo medios de comunicación da nova iniciativa. Castiñeira indica que “na mesma situación parecen estar FPF e BNG, posto que ninguén mostrou o apoio á iniciativa socialista, o que fixo rectificar ao señor alcalde que intuíu que non tería maioría”. É, din os populares, “ unha nova metedura de pata dun alcalde totalmente sobrepasado, que erra cada vez que decide facer algo”.
Castiñeira sinala: “No Partido Popular non entendemos a paciencia inxustificable do BNG, que fai de muleta das innumerables cajotadas que estamos a ver nestes dous anos de bipartito”. Declara: “O vivido o pasado luns é unha demostración máis da falta de confianza e do nulo traballo en equipo do bipartito focense, con fotos por individual e sen apenas comunicación, o que provoca erros e dimisións que comprometen o descorrer diario dun concello tan importante como é o de Foz”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



