O Decreto eólico do goberno BNG-PSdeG do 2007 garantía xustos rendementos para os propietarios dos terreos e as comunidades locais onde se inserían, así como priorizar os mellores plans industriais, que garantían para o ámbito local e, en xeral, para Galicia un desenvolvemento industrial adicional á potencia eólica adxudicada. Mais Núñez Feijóo derrogou as adxudicacións decididas ao abeiro deste Decreto, impedindo o desenvolvemento de plans industriais por 5.000 M€ que xerarían daquela uns 8.000 postos de traballo.
Arestora as enerxías renovábeis voltan estar na axenda. E iso está ben. Mais resulta que unha malfadada combinación da lexislación eléctrica española coa lexislación ambiental e de ordenamento territorial galega está a xerar unha enxurrada de proxectos eólicos ilegais, inviábeis e insostíbeis. Proxectos moitas veces xerados dende a simple especulación e que non atenden ao desenvolvemento económico sustentábel da Galicia ao que haberían de se subordinar.
Existen tamén proxectos con ilegalidades abondo. A defensa do ambiente e do patrimonio cultural (igrexas, castros, mámoas, camiños xacobeos…) han ir por diante, como ordenan as Leis galegas 5/2016 do patrimonio cultural e 5/2019 do patrimonio natural de Galicia. Por outra banda, para tentar diluir sobre o papel o impacto ambiental e na paisaxe algunhas das promotoras adoitan fraccionar macroparques inviábeis xurídicamente noutros menores, praxe xa condenada con pena de nulidade polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Arestora os proxectos dos parques Bustelo, Campelo e Toural, na bisbarra bergantiñá, os de Legre, Gasalla e Solpor (na de Ordes-Curtis) e Troitomil e outros nas terras da Baña-Negreira incorren nesta fraude de lei.
Sen contar os desaquelados impactos paisaxístico (arestora fan torres de 200 m., non as vellas de 30) e acústico, que fai imposíbel a vida nas aldeas da contorna. Ou a inviabilidade das explotación agrogandeiras, porque desta volta queren facer parques eólicos nos prados das abas, xa non só nos cumios e curotas.
Se isto non se amaña imos ver un dos conflitos sociais máis importantes da historia contemporánea de Galicia. Porque moitos propietarios rurais, sindicatos agrarios, comunidades de montes en mán común, alcaldes dos partidos todos e as forzas políticas de oposición van estar fronte esta enxurrada propia dos peores esquemas da explotación colonial, tendo en conta que exportamos o terzo da enerxía eléctrica que producimos e non podemos beneficiar ás nosas empresas e á nosa cidadanía cunha tarifa eléctrica que compense os nosos custos ambientais e sociais.
Velaí que haberían ser as industrias galegas responsábeis as que haberían termar deste conflito e propor un marco legal, un auténtico pacto social, que regulara a explotación eólica na Galicia, alicerzado: i) nunha acaída compensación ás comunidades locais, propietarios individuais ou comunitarios e concellos atinxidos (Mazaricos só percebe 200.000 € da Xunta dos 700.000 € que ésta recada polo canon eólico no seu territorio) ii) nun pacto pola reindustrialización- sectorial nas renovábeis e xeral a medio dunha tarifa eléctrica industrial de noso- e iii) nunha volta ao modelo do goberno bipartito priorizando na escolla eólica ás empresas vencelladas á economía produtiva galega.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



