Viveiro, 23 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, xunto á asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Música de Viveiro e ao propio centro, organizan un curso gratuíto de iniciación á música, dirixido a persoas adultas sen coñecementos musicais previos.
A formación impartirase durante o mes de maio e pretende achegar ao mundo da música a aquelas persoas con inquietudes musicais que non tiveron a oportunidade de acercarse anteriormente.
As prazas para o curso serán limitadas e a matrícula deberá realizarse entre o 26 e o 29 de abril nas oficinas do Conservatorio de Música ou chamando ao teléfono 982560486.
A Asociación de Alumnado Adulto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, Melomanía, que preside Mario Vale, é unha asociación musical viveirense sen ánimo de lucro que imparte clases de música para adultos.
No próximo curso, as materias ofertadas serán acordeón, batería, canto, clarinete, frauta, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, piano, saxofón, linguaxe musical, coro e edición de partituras. As clases de linguaxe musical e coro serán grupais, e as de instrumento individuais, con horarios flexibles a concretar entre profesor/a e alumno/a.
Esta asociación, que leva funcionando desde o curso 2008-2009, ten diferentes agrupacións corais e instrumentais, onde os alumnos teñen a posibilidade de participar e demostrar os coñecementos adquiridos durante o curso. A última agrupación formada no seo da asociación é o sexteto de música tradicional “Amigos do folk”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



