A Xunta de Goberno sacou adiante a adxudicación das obras de mellora da LU-P-0210, a estrada provincial que une A Seara, en Alfoz, con San Acisclo, en Foz. A empresa Isidro Hermanos Blanco Trigo SL é a adxudicataria das obras, por un importe de máis de 98.500€ e cun prazo de execución de 6 meses. As actuacións, que afectan ó tramo que vai do quilómetro 5,100 ó 5,236, consisten no ensanche e na mellora da vía, aglomerado en quente, e dotación de iluminación e beirarrúas co fin de mellorar a seguridade viaria. A Deputación inviste neste proxecto uns 130.000 euros, entre a execución das obras e a adquisición dos terreos.
Melloras na estrada Alfoz – Foz
Melloras na estrada Alfoz – Foz
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Adxudicado o servizo de residencia e centro de día de Foz por 9,3 millóns de euros
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela