Viveiro, 9 de abril, 2021. A formación nacionalista vén de rexistrar unha iniciativa no Congreso reclamando ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a inclusión das zonas singulares da Galiza, como o caso do Concello de Viveiro na listaxe de zonas brancas e grises e a activación das actuacións naquelas xa incluídas. Alén do máis, o deputado do BNG no Congreso exixe que o Ministerio garanta a cobertura dixital do medio rural tendo en conta os fondos FEDER que a Unión Europea acaba de aprobar para lograr a conexión do total da poboación.
O BNG recolle as demandas da veciñanza do rural de Viveiro que carece de acceso a internet e exixe ao Goberno do Estado unha solución tecnolóxica para os núcleos do rural que aínda non teñen cobertura. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, exixe ademais ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que actualice o mapa das zonas brancas e grises.
“No Concello de Viveiro, por exemplo, existen preto de 50 núcleos rurais que non foron incluídos en ningún dos proxectos empresariais subvencionados polo Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración 2020” explica o deputado nacionalista. Moitas destas actuacións carecen de información suficiente sobre o plan de traballo e o tempo de realización das obras detalladas no proxecto aprobado polo Ministerio. “Queremos saber o motivo da exclusión destas zonas do Concello e cando incluirán o resto de núcleos de poboación na relación de zonas brancas nas próximas axudas para a extensión da banda larga que precisa a veciñanza de forma urxente” sinala Rego.
A xuízo do deputado do BNG, o Plan de Banda Larga Ultrarrápida “debe ter carácter universal e por tanto é preciso activar unha liña de subvencións para dotar do servizo de internet todos os núcleos de poboación rural que, a día de hoxe, non teñen conexión e que mesmo están illados e sen clasificar nas zonas brancas ou grises”. Por este motivo, a formación nacionalista exixe ao Ministerio que actualice o mapa de zonas de todos os concellos da Galiza e rectifique as que foron clasificadas erroneamente e non comunicadas por parte dalgunhas das administracións e incorpore as que aínda non se encontran clasificadas.
Alén do máis, o deputado nacionalista reclama que o Ministerio cumpra a súa función de velar “por lograr a cobertura dixital do medio rural en Viveiro e en toda a Galiza, tanto para o acceso á banda larga de internet como para unha boa cobertura de telefonía móbil, tendo en conta que os fondos FEDER acaban de ser aprobados pola Unión Europea para conseguir a conexión do total da poboación e garantindo o carácter universal do Plan”.


















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



