Lugo, 24 de abril de 2021. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá no Pleno ordinario deste martes unha moción, co fin de que se transfira ás Entidades Locais o 15% dos fondos europeos de loita contra da covid que vai percibir de Europa (fondos REACT-EU). Remarcan que o Goberno de Feijóo ten as competencias. “A Xunta ten uns orzamentos de 11.500 millóns de euros, e recibiu aproximadamente 1.100 millóns de euros do Goberno e da UE e nin tivo en conta ós concellos á hora de empregalos, nin ten explicado suficientemente os criterios e as accións desenvolvidas”.
A través desta iniciativa o PSdeG demanda ademais “que o 15% destes fondos se destinen a axudas directas para pemes e autónomos/as, e que a distribución dos mesmos se faga dacordo coa poboación dos Concellos e que se busque unha fórmula obxectiva similar para as Deputacións”.
Advirten que “o silencio por parte do Goberno de Feijóo foi o que acompañou a petición de medidas para loitar contra a segunda ola da pandemia, cando pedimos dende a Deputación de Lugo expresamente que a Xunta abrise unha liña de colaboración e información cos concellos, e que coordinara con eles as medidas que afectaban ós peches ou restricións horarias da actividade hostaleira”, critican.
Medidas para a apoiar ás familias e as empresas do Estado
Así as cousas, e ante o alcance dos efectos económicos da pandemia, o Goberno de España ten adoptado diferentes medidas para apoiar a cidadáns e empresas. En xuño do ano 2020 habilitou un fondo COVID-19 dotado con 16.000 millóns, cas Comunidades Autonómicas como perceptoras exclusivas. As CCAA percibiron ademais 300 millóns adicionais para Sanidade e Servizos Sociais a través do Fondo Social Extraordinario. O pasado mes de marzo, O Goberno habilitou 11.000 millóns máis en medidas para o comercio, sector turístico, hostalaría e autónomos. Destes fondos, 7.000 millóns serán xestionados polas CCAA, que percibirán tamén 8.000 millóns adicionais para Sanidade, Educación, Empresa e Política Social procedentes do Fondo REACT-EU.
Feijóo non se reuniu nin coa FEGAMP, nin cas Deputacións, nin cos concellos
“Entendemos que tanto os Concellos como as Deputacións teñen acreditado ser as administracións máis eficaces. E son tamén as primeiras ás que recorren os e as cidadáns, en tempos de normalidade e, moito máis, en tempos de crise como os actuais. Por iso é preciso lembrar que a dia de hoxe Feijóo non se reuniu nin con a FEGAMP, nin cas Deputacións, nin cos concellos para abordar estratexias de loita contra a pandemia, polo tanto, négalle ás administracións locais a cogobernanza que o Goberno do Estado pon a súa disposición”, sinalan.





















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



