Viveiro, 26 de maio, 2021. O número de persoas que viaxan en autocaravana ou furgoneta camper está a medrar de maneira considerábel cada ano, máis no marco da Covid19 que estamos a viver sendo unha maneira cómoda e segura para viaxar. Este medio facilita que moitas persoas cheguen a vilas sen comunicacións con aeroportos ou convois de alta velocidade como Viveiro, polo que temos que aproveitar a situación privilexiada coa que contamos para atraer a este tipo de viaxantas que consome en comercios, restaurantes, bares, supermercados, gasolineiras e outros servizos.
Habilitar unha zona para autocaravanas require pouco investimento sendo o único necesario un grifo onde coller auga potábel e un lugar onde baleirar as augas grises e negras. Para que for máis completa, aínda que prescindíbel, seria ben algunha toma eléctrica.
Polo anteriormente exposto, no BNG Viveiro presentamos esta moción para o vindeiro pleno cos seguintes puntos:
1. Crear unha área de autocaravanas na finalización do paseo fluvial do Landro en Portochao, Galdo. Unha zona pouco aproveitada que xa conta con todos os requerimentos para unha estancia tranquila, agradábel e sen complicacións tanto para visitantes como para veciñanza, tamén polo pouco investimento que precisaría ao contar xa cun aparcadoiro acondicionado, auga potábel e lixo.
2. Realizar programas de promoción e difusión desta área en portais dixitais, feiras e guías turísticas de autocaravanas do país, así como tamén estatais e europeas.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



