Santiago de Compostela, 19 de maio, 2021. A través dunha proposición non de lei defendida pola deputada, Rosana Pérez, o BNG instou á Xunta a levar a cabo con “urxencia” a vacinación “aínda pendente” das traballadoras e traballadores do mar.
Na súa intervención, a parlamentaria do BNG afirmou que a xestión da pandemia, por parte da Xunta foi “caótica e propagandística” e de total desinterese polas traballadoras e traballadores do mar. Neste sentido, explicou que a consellería do Mar limitouse a cumprir os mandados de Madrid. Para a deputada, a vacinación ao sector do mar non é unha cuestión de hoxe nin de onte, vén de lonxe. En decembro do ano pasado, a Asemblea da Nacións Unidas instou aos estados a designar ás xentes do mar como “traballadores e traballadoras esenciais” e implementar, entre outras medias, a de recibir a vacinación.
A recomendacións da ONU viñan precedidas por informes de expertos que confirmaban a imposibilidade de garantir a bordo as medidas preventivas básicas para atallar a COVID-19. Durante a pandemia, relatou Rosana Pérez, foron moitos os mariñeiros afectados polo virus e sometidos a corentena. Todos os colectivos internacionais, estatais e galegos solicitaron a vacinación do sector e en Galiza, dixo, no mes de febreiro co inicio das costeiras da xarda e bocarte, o sector reclamou ser vacinado.
Por outra parte, engadiu a deputada, a propia Confederación de Confrarías e a AETINAPE se pronunciaron tamén nesta liña ante a ausencia de información da consellaría ao respecto. A Xunta, recalcou, ten “competencias en materia de sanidade” pero as alarmas acendese no Partido popular no mes de marzo cando o goberno vasco anunciou que comezaría a vacinar a todos os seus mariñeiros, decisión que foi criticada pola conselleira do Mar en Galiza por considerar que o goberno vasco non respectaba os acordos de Madrid. Resulta “incríbel” que se critique a un goberno por executar as súas competencias, sentenciou.
Quince días máis tarde, a medidos do mes de abril, Rosa Quintana anuncia que o ISM vacinará aos mariñeiros e agora, a mediados de maio, “a vacinación do sector comezou hai cinco días”. Neste sentido, volveu a insistir na necesidade de axilizar a vacinación dos mariñeiros, aínda pendentes.
Máis de dous meses de que o País vasco vacinara aos seus mariñeiros, “Galiza, continúa problemas”. As tripulacións dos barcos de altura de Marín non teñen noticias sobre a vacinación e sector pesqueiro da Coruña, a piques de saír ao mar, tampouco.
Tras a intervención do popular, Pazos Couñago, Rosana Pérez replicou que o goberno da Xunta non pode defender a súa lealdade ao Consello interterritorial para agochar a “súa caótica xestión política da pandemia e da vacinación en Galiza”.
A día de hoxe, hai colectivos do mar que descoñecen cando serán vacinados, “mentres Feixóo quere ofrecer vacinas aos turistas”, concluíu




















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



