Burela, 19 de maio de 2021. Burela celebrará as súas festas patronais cun formato adaptado aos tempos actuais que seguen marcados pola pandemia. Haberá pregón, animación musical polas rúas, actos relixiosos e a confección dunha alfombra floral na praza do Concello, entre outras actividades. O pregoeiro deste 2021 será Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e presidente da confraría de Burela. A programación comezará o 29 de maio e rematará o 8 de xuño.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela, Toñi Eijo, anunciou que “o día 29 de maio, ás oito da tarde, temos o pregón a cargo de Basilio Otero. Elixímolo por estar na Confraría de Burela, que sempre apoiou e apoia as festas de Burela, en concreto tamén el. É presidente da Federación Nacional de Cofradías e Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Burela. Despois do pregón, haberá un concerto do grupo Nostálgica. O domingo, 30 de maio, de dez da mañá a unha da tarde, na praza da Mariña, teremos un rastrillo popular solidario. Ese día ás 13:00 horas, na praza do Concello, actuará a Banda de Música de Foz, coa colaboración da Banda de Gaitas da A.C.Dambara”.
Toñi Eijo relatou que “o venres, día 4, que sería o fin de semana grande das festas, ás 20:00 horas, na praza da Mariña, haberá un concerto de rock da Escola de Música de Burela. O sábado, 5 de xuño, a partir das nove na praza do Concello, haberá a confección da alfombra floral e tamén pasarrúas a cargo de Mecánika e Dambara. Ese mesmo día ás nove da noite na igrexa parroquial de Santa María de Burela, haberá unha misa. O domingo, 6 de xuño, teremos pasarrúas a cargo da Banda de Santo Inocencio; ás doce, na igrexa parroquial de Santa María de Burela haberá misa e á unha da tarde, no barco museo Reina do Carme terá lugar a interpretación da Salve Mariñeira a cargo da Banda de Santo Inocencio. O luns, 7 de xuño, ás doce horas, na igrexa parroquial de Santa María de Burela haberá unha misa e ás doce e media na praza do Concello unha actuación dos Acordeonistas da Mariña. Finalmente o martes, día 8, ás doce do mediodía no porto terá lugar a ofrenda floral marítima”.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “en estas fiestas patronales diferentes evidentemente, porque partimos del hecho de que, por ahora, no se permite la celebración de fiestas ni tampoco nos parece oportuno hacer algo parecido, programamos estas pequeñas cosas. Una de ellas es la actuación del grupo Nostálgica que estará el día del pregón, el sábado 29, a partir de las ocho y media aproximadamente. Es un grupo que hace versiones de rock de canciones muy conocidas tanto españolas como extranjeras. Pienso que va a estar muy entretenido de ver. El aforo va a estar en las 178 personas, es muy reducido, tal cual es nuestro auditorio será una reducción importante. El formato, en principio, será por orden de llegada. A partir de las siete y media se abrirán las puertas y hasta completar el aforo. Otra de las actuaciones musicales que tenemos programadas, que también creo que es interesante, es la de la Agrupación de Rock de la Escuela Municipal de Música de Burela. Ya tuvimos alguna actuación suya el verano pasado y el anterior. Es un grupo muy activo que nos ofrecerá su trabajo en la praza da Mariña. Vamos a poner sillas para que la gente se pueda sentar, manteniendo las distancias, pondremos también una mesa con gel hidroalcohólico y por supuesto será obligatorio el uso de mascarilla durante la actuación”.
O edil burelés engadiu que “también tenemos la colaboración de Dambara, que agradecemos, y también del grupo Santo Inocencio, que harán varias intervenciones por Burela con pasacalles y también la Salve Mariñeira el domingo en el barco museo. Además contamos con la presencia de una de las charangas, que creo que es la más importante de Galicia y que más gusta, que es la charanga Mecánika. Ya la tuvimos en la Feria del Bonito en dos ocasiones y repiten con otra actuación el sábado, que sería el día grande de las fiestas, acompañando al grupo Dambara, tanto al mediodía entre las doce y las dos y media, como a la tarde a partir de las siete. Será para animar un poco las calles y por lo menos tener ese aspecto si no festivo por lo menos diferente a cualquier día normal. Esperamos que estas pocas cosas que se pueden hacer sean del gusto de nuestros vecinos y vecinas y que el año que viene podamos retomar las fiestas con su formato habitual”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



