Ferrol, 19 de maio de 2021. A Xunta destaca o labor e a colaboración das empresas e entidades do sector pesqueiro e dos centros ocupacionais e especiais de emprego na valorización dos residuos plásticos mariños a través do proxecto de cooperación dos grupos de acción local do sector pesqueiro Tanza: inclusión social, sector pesqueiro e economía circular. Así o salientaron hoxe a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, no marco da xornada Labplast sobre o aproveitamento dos plásticos e unha das accións deste proxecto de cooperación que se celebrou no salón de actos do campus universitario de Ferrol.
A titular de Mar puxo de relevo a importancia de iniciativas como o proxecto Tanza “para a promoción dunha economía máis verde e sustentable e para pór en valor o aproveitamento dos residuos plásticos mariños recollidos polas confrarías no seu quefacer diario”. Nesta liña, Rosa Quintana sinalou que “o futuro pasa por converter os residuos en recursos, fomentando esa economía circular baseada no principio das seis erres que abarcan os conceptos de rexeitar, reducir, reutilizar, reparar, reciclar e o de responsabilidade”.
Deste xeito, incidiu a conselleira do Mar, o Executivo galego busca “crear unha conciencia colectiva nas zonas costeiras desde o triplo eixo ambiental, social e económico para pór en valor os recursos pesqueiros”. Con ese cometido a Xunta leva tempo traballando na loita contra os residuos plásticos no mar con accións como a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2020, unha folla de ruta que conta cun apartado dedicado á redución de plásticos, e a Lei de residuos e solos contaminados de Galicia.
A isto súmase, engadiu Rosa Quintana, o labor da Consellería do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Medio Mariño (Intecmar) e do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), que desenvolven e participan en iniciativas relacionadas coa loita contra o lixo mariño. Unha delas é o proxecto europeo CleanAtlantic que ten como fin previr, monitorar e reducir o lixo mariño e aumentar a sensibilización entre os actores marítimos a través da cooperación rexional.
Outra iniciativa que destacou a conselleira é o Plan Marlimpo, impulsado polo Goberno galego para reducir o lixo mariño a través de actuacións de concienciación e formación ao sector e da mellora dos sistemas de recollida de residuos e da loxística nos portos para facilitar a súa xestión en terra.
Ademais a titular de Mar agradeceu o traballo de todos os integrantes do proxecto Tanza e tamén o da Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol e do Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña, que colaboran na organización da xornada. A maiores recoñeceu o labor das empresas e entidades do sector pesqueiro e das entidades sociais como os centros ocupacionais e especiais de emprego.
Pola súa banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor a importancia da participación das persoas con discapacidade nunha tarefa de tanto valor como axudar a protexer o medio ambiente. Ademais, salientou que grazas a estas iniciativas “cada día se fai máis real a igualdade de oportunidades, derrubando as barreiras que aínda hoxe nos separan da plena inclusión”.
Neste senso, Fabiola García especificou a vontade de Galicia de ser “unha comunidade verde e social” e asegurou que todas as persoas, “teñamos as capacidades que teñamos, podemos achegar o noso gran de area a un mundo sostible e solidario”.
O proxecto Tanza
A xornada celebrada hoxe dentro do proxecto Tanza ten entre os seus obxectivos coñecer en profundidade o proceso de valorización dos plásticos, entendido como modelo de economía circular participada polo sector pesqueiro e ver a aplicación práctica e a metodoloxía de traballo no tratamento de plásticos no taller que ten o Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña en Ferrol. Tamén está entre os seus fins fomentar a innovación a través do deseño de obxectos, útiles, ou outros obxectos para as actividades do sector e reforzar o posicionamento das entidades, o coñecemento mutuo e o traballo en rede.
O proxecto de cooperación Tanza desenvólveno os GALP Mariña-Ortegal, Ártabro Norte, Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e ría de Arousa e busca promover unha maior empregabilidade de colectivos de inclusión social en actividades vinculadas coa economía do mar. Tamén ten entre os seus obxectivos crear unha conciencia activa no sector pesqueiro en relación ás problemáticas ambientais e da inclusión social e contribuír a un maior aproveitamento do programa de axudas por parte das entidades de inclusión social.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



