Cervo, 29 de maio de 2021. O Concello de Cervo dá novos pasos para adquirir os terreos contiguos ao Museo do Mar de San Ciprián, para poder ampliar as instalacións, que xestiona a Deputación Provincial de Lugo desde que lle fora cedido no ano 2003, cando pasou a integrarse na rede museolóxica dependente deste organismo.
Tal e como explicou a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, no pleno municipal que se celebrará a vindeira semana, e logo de recibir todos os informes pertinentes favorables, “aprobaremos provisionalmente a Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento, comprometendo financiamento municipal para a adquisición desa finca anexa. Neste senso, a edil lamenta a falta de sensibilidade do organismo provincial á hora de poñer en valor “ese inmenso legado patrimonial que agocha o Museo do Mar de San Ciprián, que atesoura o corazón da historia mariñeira da comarca, e nomeadamente do noso Concello que é, ademais, o museo público do Mar máis antigo de Galicia”.
Non nos podemos seguir permitindo -engade- que gran parte desa riqueza permaneza velada nun caixón sen ver a luz, “por iso tomamos a iniciativa entendendo que toda esta riqueza merece un espazo axeitado acorde á súa inmensa valía”.
Caramés apuntou que é de recibo que todas esas doazóns , esa documentación gráfica, eses fondos etnográficos e de fauna mariña, esa serie de cartas náuticas…e en definitiva “esa colección de incalculable valor que reflicte a riqueza biolóxica e etnográfica da nosa costa ocupen o lugar que merecen como testemuña da memoria do pobo mariñeiro” para poder narrar tamén ese pasado ás novas xeracións.
Caramés recordou que xa no pleno municipal do 26 de setembro de 2007 a corporación cervense acordou por unanimidade (cos votos a favor do PP, do BNG e do PSOE) que a Deputación Provincial de Lugo asumise os custos do proceso de ampliación do Museo do Mar de San Ciprián; e á vista está que a institución nunca chegou a asumir esa responsabilidade e ese compromiso.
Con estes novos pasos que damos seguimos nese obxectivo de dignificar toda esa herdanza mariñeira que merece ocupar un lugar privilexiado para a súa divulgación, “tamén por respecto aos nosos antepasados e a toda esa xente que contribuíu a engrandecer o fondo documental e histórico do Museo”.
Nestes terreos que se propoñen para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta -espazo, en ordenación mixta, destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-; mentres que no Museo establécese a ordenanza Dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreativo, relixioso, sanitario, asistencia…-.
Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568 m².





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



