Mondoñedo, 31 de maio, 2021. Martín Martínez García (Lindín-Mondoñedo, 31 de maio de 1980), ven de proclamarse novamente campión provincial de rastreo de xabaril con Camarón, un can mestizo de 3 anos. O campionato, organizado pola Federación Galega de caza en Lugo, celebrouse o pasado sábado día 29 en Portomarín, e no que participaron preto de 30 cans. Este é a terceira vez que este mindoniense acada o título, xa que venceu neste mesma modalidade con Padilla no ano 2015 e con Paco no 2017.
Tras acadar este novo título provincial automaticamente Martín Martínez ten o pase para poder disputar a final autonómica desta especialidade, que se celebrará o vindeiro 12 de xuño en Santa Comba, na provincia da Coruña.
Martín, séntese moi orgulloso de acadar novamente este campionato provincial. “Ningunha competición é sinxela, e aínda que xa gañei varias veces este campionato, cada un deles supón un novo reto para min. Síntome moi orgulloso do traballo que diariamente realizo cos meus cans, paseos, adestramentos e a alimentación, todo é importante para que estean a punto e consigamos pouco a pouco os nosos obxectivos. Dentro duns días disputarei a final autonómica, e só penso en desfrutar e acadar un bo resultado. Pero sobre todo de levar o nome da miña parroquia natal, Lindín, por todos os recunchos de Galicia, alí está a clave do meus pequenos éxitos”, explica.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"

