Compostela, 12 de maio de 2021. Nas vésperas do 17 de Maio, o Parlamento galego dá un paso fundamental para garantirmos o acceso a contidos audiovisuais en galego para todos os públicos e, nomeadamente, para o infantil e xuvenil, ao aprobar por unanimidade a Iniciativa popular Xabarín, impulsada pola Mesa e respaldada por máis de 33.000 persoas. O enorme apoio popular recibido pola iniciativa demostrou que existe unha grande demanda dunha canle temática para a mocidade e a infancia na TVG, así como de contidos en galego nas plataformas dixitais, onde só se poden ver en galego 25 series e filmes dos máis de 25.000 títulos dispoñíbeis, e na propia Televisión pública estatal, que só emite na nosa lingua 39 minutos de 120 horas.
O acordo aprobado hoxe por unanimidade dos partidos políticos presentes na cámara galega contempla a creación dunha canle Xabarín da TVG que emitirá para fibra óptica, adsl, satélite e telefonía móbil, mais tamén se reclama do goberno español accións para garantir tanto en TVE como nas plataformas, a dobraxe, lexendaxe e audiodescricións en galego así como financiamento para as producións na nosa lingua dentro da Lei Xeral do Audiovisual que será debatida nos próximos meses. Isto convirte o Parlamento galego no primeiro que se manifesta sobre esta cuestión. Entrementres, a iniciativa insta a chegar a acordos con operadoras e plataformas para a dobraxe e lexendaxe das súas emisións así como a posibilidade de reciprocidade na visualización con Portugal.
A Mesa valora a aprobación como un éxito colectivo da sociedade galega. Centos de persoas voluntarias da Mesa pola Normalización Lingüística, centos de estabelecementos nas difíceis condicións impostas pola pandemia e, especialmente, as miles de asinantes, lograron o primeiro grande acordo arredor da lingua galega dos últimos 12 anos. Todos os avances para o noso idioma viñeron acompañados de mobilización e activismo.
A unanimidade parlamentar foi resultado desta mobilización e demostra que os avances a favor do galego son posíbeis sempre que houber vontade. Se esta vontade de eliminar as exclusión ao galego, de restaurar todos os espazos para o seu uso e iniciar un verdadeiro proceso de normalización se estender a todos os ámbitos, será posíbel inverter a tendencia negativa do idioma de Galiza. A Mesa seguirá centrando todos os seus esforzos en conseguilo.
Este 17 de maio será boa ocasión de celebrar este éxito colectivo e mover todo o preciso para que veñan moitos máis para Galiza e o galego.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



