Ribadeo, 5 de maio de 2021. O vermú Arnao, elaborado en Ribadeo por Discosta Norte SL, acaba de poñerse á venda en hipermercados de toda España. Xa pode mercarse nas grandes superficies de Alcampo e en breve estará tamén nas de Carrefour e Makro, entre outras.
O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que empezaron a elaborar o vermú Arnao no ano 2019 “para distribuílo a nivel comarcal, para os nosos clientes de hostalería. Queríamos ter un produto propio que supuxera un impulso para a imaxe da empresa, dentro dos cambios que estamos a facer. En principio só se vendía nos bares da zona, non estaba nin nas tendas da comarca. Pero como foi gustando moito e tendo boa aceptación ampliamos a distribución a tendas, que empezaron a pedírnolo para vendelo a particulares. E a partir de aí tivemos que traballar moito a nivel comercial porque a competencia é moi grande e potente: hai moitos vermús no mercado hoxe, aínda que con carácter galego como o noso non tantos. Despois tivemos a teimosía de querer levalo a grandes superficies, polo volume de vendas que nos pode supoñer. E tivo boa aceptación, de feito temos convenio con varias cadeas de grandes superficies a nivel nacional e xa se pode comprar en toda España en Alcampo; e en breve estaremos en Carrefour, porque xa está o acordo pechado, e tamén en Makro. E estamos traballando para telo en máis áreas comerciais pronto”.
José Antonio Veiga destaca que “isto supón un salto importante para a imaxe do produto, que queremos seguir potenciando e para iso hai que estar innovando continuamente. Nesa liña xa cambiamos o tapón da botella e escollemos un deseño feito por unha empresa italiana, creamos un pack de dúas botellas para que a xente combine cunha botella de vermello e outra de branco ou dúas de cada, que é o que gusta nas tendas e o que nos reclaman as grandes áreas. Ademais imos facer unha liña de vasos e copas e tamén temos planificado crear un vermú reserva, que deberá estar polo menos seis meses nunhas barricas de madeira especiais”.
O vermú Arnao diferénciase doutros en que “está feito en Galicia, concretamente en Ribadeo, usando como base viño da variedade de uva godello ao que se suman botánicos, cos que acertamos porque teñen a dozura adecuada para gustar á maioría da xente”, explica Veiga.
Deseño da botella
O xerente de Discosta Norte tamén lle dá importancia ao deseño da botella: “gustou moito. Creamos unha imaxe acertada, para o que contamos co estudo de deseño Enpedra, que está en Lugo e é un dos máis prestixiosos en deseño para produtos alimentarios, de feito gañou o premio Platino Pentawards en 2020, que son os Oscar do deseño. Na botella inspirounos o lugar e a historia. O lugar é unha praia moi bonita que hai na marxe asturiana da ría de Ribadeo, que é o areal de Arnao. É unha pequena homenaxe á ría e á comunidade veciña porque quixemos facer unha simbiose de Galicia e Asturias. E en canto á historia, na botella vense imaxes relacionadas coa emigración e o retorno dos indianos, que en Ribadeo é un tema de moito peso”.
En Discosta Norte teñen capacidade para producir ata 6.000 botellas cada hora.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



