Lugo, 29 de xuño de 2021. A Deputación de Lugo urxe á Xunta de Galicia a posta en marcha dun plan para recuperar a sanidade Galega. Logo de que a pandemia agravase as deficiencias do sistema sanitario autonómico, que se viñan denunciando no 2019, a institución provincial esixe que se traballe para volver á situación anterior á pandemia como un primeiro paso mínimo, segundo unha moción presentada polo PSdeG no Pleno celebrado hoxe que foi aprobada co apoio do BNG.
“A Xunta tenta aproveitar a necesidade de loitar contra a pandemia para agochar as deficiencias do sistema sanitario que se viñan denunciando no 2019. E que carece de ideas para volver á situación anterior á pandemia, que sería un primeiro paso mínimo”, denunciou a voceira provincial socialista, Pilar García Porto. “Seguen enriba da mesa os problemas de Atención Primaria; a perda de especialidades e peches de consultorios no rural; a temporalidade do persoal, sobre todo dos ATS; o colapso das Urxencias ou a incapacidade para atraer profesionais de especialidades como pediatría”, asegurou Porto. A voceira socialista engadiu que “todo iso estaba pendente de amaño antes da Covid, e vai seguir de novo enriba da mesa despois”.
García Porto denunciou que as listas de espera en Atención Primaria chegaron ata os 15 días por motivo da pandemia; que a espera media para operarse na área sanitaria de Lugo é de máis de 79 días, a que máis demora acumula de Galicia xunto con Ferrol; ou que para as probas diagnósticas relacionadas coa otorrinolaringoloxía hai que esperar unha media de case un ano -315 días- cando no 2019 estaba en 90. A voceira tamén apuntou que na etapa de Feijóo na Xunta perdéronse preto de 1.100 postos de persoal sanitario só en Atención Primaria, e que xunto coas xubilacións previstas no 2024 –outros 1.500 profesionais- “é preciso facer un esforzo de contratación”.
Sinalou Porto os problemas de atención pediátrica que sofren os concellos da provincia, como Abadín, Alfoz, Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Castroverde, Corgo, Chantada, Foz, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Ribadeo ou O Valadouro; ou que as reducións de persoal son a norma en moitos municipios do rural. Denunciou que localidades como Antas de Ulla pasaron de 3 médicos a un; que Baleira ten un só médico, como en Pedrafita do Cebreiro ou en Navia de Suarna, que en verán triplica a súa poboación; que en Carballedo pechouse o centro de saúde de Castro; que Castroverde perdeu un médico; como Palas de Rei e Taboada, onde un dos 3 médicos está de baixa indefinida.
A voceira socialista sinalou tamén a necesidade de reabrir as consultas presenciais nos centros de Atención Primaria, porque as citas telefónicas van en detrimento da calidade na atención aos doentes.
Defensa do patrimonio
Por outra banda, a Deputación de Lugo tamén lle reclama á Xunta de Galicia que cumpra coa súa obriga de conservar o patrimonio cultural de Lugo. Así o recolle unha moción presentada polos socialistas que saíu adiante cos votos do BNG na sesión plenaria deste martes.
A voceira do grupo socialista lamentou que o investimento da Consellería de Cultura e Educación previsto para o 2021 en Lugo é de 700.000€ para restaurar a igrexa de San Pedro e outros 500.000€ para o claustro da Catedral. En total, 1,2M€ que representan o 0,01% dos 11.563M€ “dos orzamentos récord da Xunta”. García Porto denunciou que no ano 2018 só se destinaron 10,2M€ ao gasto en Protección e Xestión do Patrimonio Cultural e Artístico na nosa comunidade autónoma, “unha cifra que nos sitúa no furgón de cola no gasto de protección e xestión do noso territorio”.
Reprochou a voceira socialista a “política errática” da Xunta na declaración de BIC, pola falta de recoñecemento e interese en bens importantes na provincia. “A Xunta nin fai nin deixa facer, nin axuda aos concellos a facerse co patrimonio nin expropia cando o risco é extremo. Non hai un plan de traballo para axudar a conservar o patrimonio cultural en mans privadas”, denunciou Porto.
García Porto puxo o exemplo das torres de Caldaloba en Cospeito, de Sarria e de Taboi en Outeiro de Rei como mostra do “abandono e desidia” da Xunta de Galicia do patrimonio protexido da provincia.
A Fonte das Lavandeiras
O Pleno tamén aprobou a cesión gratuíta da titularidade da Fonte das Labandeiras ao Concello de Lugo, unha obra de Francisco Pérez Proto, para a súa promoción como ornato da praza situada entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural. Trátase dunha peza que pon en valor a figura das lavandeiras do Miño recorrendo a un material de tanta tradición en Lugo como é a cerámica, e que contribúe deste xeito a incrementar a presenza de referentes femininos no espazo público.
Modificación do Orzamento
Por outra o Pleno da Corporación Provincial aprobou a proposta de modificación do Orzamento da Deputación 2021, vía suplemento de crédito, por un importe de 323.900,24€ para asumir gastos do Plan Único de diferentes concellos correspondentes a anualidades anteriores.


















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



