A chamada cota de pantalla, o tempo que lle adicamos a atender pantallas, seque a medrar na nosa sociedade. No traballo tamén, pero sobre todo, fóra del. Mídese en horas e moitas veces sobrepasa á cota de tempo que adicamos ós nosos amigos sen estar mirando á pantalla. En tempos, podíase falar de cota de pantalla noutro sentido, que daba a porcentaxe de tempo que a xente pasaba na diante da televisión engulindo contidos dunha ou outra canle. Hoxe, aínda que o ‘share’ siga tendo un certo pulo para amosar a popularidade dunha ou outra cadea ou programa, a cousa é moito máis complicada pola proliferación de pantallas de todo tipo, con todo tipo de contidos. Por suposto, hai que incluír o consumo de redes sociais, pois literalmente temos caído nesas redes despois de axudar a tecelas no que nos parecía unha raiola de vontade propia. Iso nos parecía, vontade propia.
Coido que o poñer fronte a nós un ou outro contido é algo que nos incumbe e no que podemos exercitar a nosa capacidade de elección voluntaria. Coido que si, pero tamén que cada vez é máis difícil o facelo: a enaxenación da propia vontade (é dicir, o quitárnola), ou a alienación (e dicir, o traslado desa capacidade a alguén alleo) intentadas de xeito constante por diversos medios, fan que pouco a pouco, pero cada vez máis, non sexamos conscientes desa perda de vontade ó tempo que nos é arrebatada.
Xa non se trata (non só), á antiga usanza, de que quen pon a noticia diante de nós está dirixindo a nosa atención e polo tanto, ten camiño feito para tentar levarnos por un ou outro carreiro (‘quen pon a pregunta dirixe a unha resposta’), sexa mercadotecnia comercial ou electoral. Á vista da tv moitas veces é difícil pensar noutra cousa que non sexa relacionada co que estás a ver, aínda que ese pensamento se centre en algo como ‘que noxo de programa’. Pensas por ti mesmo, pero están a dirixir a túa atención con algún obxectivo, aínda que só sexa nunha primeira capa o procurar que te sintas divertir. E ese dirixir a atención predispón o pensamento. O teu. Así, quen é capaz de poñer as cousas no candeleiro, sexan as novas diarias no xornal ou nos noticieiros da televisión cun nesgo de noticias sobre un país ou un feito, ou a serie onde -mira que casualidade- os protagonistas teñen no baixo do seu edificio unha franquicia dunha cadea coñecida, ou o programa de comentarios culebrón machacón subxectivo onde non importan feitos ou razoamentos senón o coller unha idea e defendela fronte ó que sexa e como sexa… ten moito camiño adiantado para conseguir que o resultado ó que chegas pensando coa infraestrutura mental que te proporcionan sexa… a visión dende esa infraestrutura. Algo coñecido e non raro neste tempo. Pero algo que está xa obsoleto.
Agora trátase de facerte partícipe da propia defensa do que está a encadear as túas ideas. E é que, se logran que defendas unha idea unha vez, unha, queda como túa, ti mesmo a etiquetas como algo a defender. E é difícil cambiar para atacala, ou ter sinxelamente unha visión clara, se dende o primeiro momento a defendes sen pensar. E iso por moito que cha meteran de xeito inconsciente. E unha e outra vez… Sempre houbo algo diso, pero dende a ubicuidade das pantallas, e xa se sabe, ‘unha imaxe vale máis que mil palabras’, e a rapidez das comunicacións e a ‘resposta automática, sen pensar’, moito máis.
Mellor, aparta a vista da pantalla…
















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



