Burela, 11 de xuño de 2021. O Concello de Burela anuncia a apertura do prazo de inscrición nas actividades de verán das que poderán desfrutar as nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2015. Todas serán ao aire libre. Haberá rutas de sendeirismo, xogos na praia, rutas en bicicleta, baloncesto e happy dance. O prezo mensual por actividade será de 8 euros e as follas de inscrición deberán presentarse do 21 ao 23 de xuño na Casa da Xuventude. O día 25 farase pública a lista de admitidos e as actividades comezarán o 28 de xuño e rematarán o 27 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes queremos anunciar o inicio da fecha de inscrición para as actividades deportivas do verán. Este ano temos unha serie de novidades, tamén derivadas da situación na que estamos vivindo. Apostamos polas actividades ao aire libre, co cal os luns imos ter rutas de sendeirismo, os martes imos facer xogos na praia, os mércores imos ter rutas en bicicleta e baloncesto, os xoves imos ter unha nova actividade denominada happy dance, que esperemos que saia ben xa que imos ter unha monitora para dar zumba ou baile moderno, e os venres volvemos ter rutas en bicicleta”.
O edil burelés sinalou que “está aberto o prazo para cubrir a ficha de inscrición que se poderá entregar na Casa da Xuventude os días 21, 22 e 23 de xuño. Hai que presentar unha serie de documentación como a ficha de inscrición cuberta, unha fotocopia do DNI do pai ou da nai, libro de familia, o xustificante de pago da actividade e a firma do protocolo covid19. O custe das actividades vai ser 8 euros ao mes por actividade. Entendemos que é moi asumible para calquera neno. E o venres 25 farase pública a lista de admitidos na Casa da Xuventude”.
Ramiro Fernández contou que “as actividades van dar comezo o 28 de xuño e rematarán o 27 de agosto. Temos pensado na última semana facer unha gran festa para toda a xente que participou nestas actividades.
Estamos cerrando unha sorpresa para ter na praza e que os nenos, tanto das escolas, como o resto xa que temos pensado abrilo ao público en xeral, teñan unha atracción que vai chamar a atención e vai gustar. Estamos vendo que número de nenos podemos ter en cada actividade, todo será en función de como vaia evolucionando a pandemia e as limitacións que nos poñan desde a Xunta de Galicia para estas actividades. Todos os nenos van ter o seu seguro de accidente por se houbera calquera problema durante as actividades. Imos tramitar o cumprimento das medidas sanitarias”.
O concelleiro de Deportes anima “a todos os nenos e todas as nenas que queiran a apuntarse. Evidentemente seguramente todos non poidan facelo, pero imos intentar que entren os máximos posibles para poder ter estas actividades durante os meses de xullo e agosto en Burela. A ficha de inscrición está a disposición de todos os interesados, tanto na páxina web do Concello como na Casa da Xuventude, na Biblioteca e na propia Casa do Concello. Quero recalcar que a entrega terá que ser os días 21, 22 e 23, na Casa da Xuventude, porque vai ser por rigoroso orde de chegada a inscrición nas actividades”.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



