Lugo, 01 de xuño de 2021. A estas alturas do mandato, está totalmente clara a falta de xestión do goberno provincial e, pola contra, cada día é máis escura á relación da Deputación coa sociedade pública Tragsa dende que a preside o socialista José Tomé. Así o entende o viceportavoz provincial do PP José Antonio García á vista da nova prórroga do contrato a Tragsa para o servizo de limpeza de centros provinciais. “Tomé sigue na súa liña de cooperación con Tragsa, como medio propio da Deputación, de maneira indisimulada, de modo que supera os niveis minimamente aceptables de xestión disciplinada dos fondos públicos”.
García explica: “O goberno provincial acordou en decembro do ano pasado rescindir o contrato coa empresa que se encargaba da limpeza de centros provinciais (26 empregados), debido aos problemas económicos que tiña. Como medida provisional, encomendouse este servizo a Tragsa, por seis meses, por 447.000 euros”.
O mesmo representante do PP explica que nos seis meses do contrato, que finalizarán o próximo día 11, a Deputación debía sacar a licitación, en concurso público, libre e aberto a concesión do servizo de limpeza de centros provinciais. José Antonio García di: “Pero non foi así, nunha demostración máis do que entende por xestión o presidente Tomé. En vez de sacar a concurso público e aberto o servizo, garantindo os dereitos dos traballadores, o que fai é unha prórroga do contrato, por tres meses, ampliable por outros tres, por 222.000 euros”.
García sinala: “O servizo debería estar adxudicado a una empresa, nun proceso de libre concorrencia e garantindo os dereitos dos traballadores. Pero non; Tomé deixou pasar o tempo e en vez de sacar a concurso o servizo, prorroga o contrato a Tragsa, coa que, como medio propio da Deputación, contrata directamente. Unha vez máis, saen perdendo os lucenses e outra vez máis se escurecen os motivos desta predilección de Tomé por Tragsa”.


















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



