Lugo, 23 de xuño de 2021. Os populares lucenses lamentan que José Miñones “viñese a Lugo a verse con Tomé e alardease de inversión cando o seu Goberno desoe aos traballadores de Alcoa, elimina as variantes para a chegada da Alta Velocidade á provincia e non cumpre coas autovías”. Por este motivo, dende o PP consideran que a visita do delegado co presidente da Deputación “aínda nos deixa máis preocupados”, definíndoa como “unha ultraxe aos intereses da nosa provincia”.
É por este motivo, polo que os populares “non queren permanecer impasibles ante tal despropósito, e anuncian que rexistrarán un Proposición Non de Lei no Congreso dos Deputados para instar á Sepi e á ministra a que cumpran os acordos para o mantemento dos empregos e da produción da factoría de San Cibrao, ao tempo que confirman que estarán presentes na manifestación convocada polo comité para este domingo.
“Teatrillo que asusta e roza o insulto”
“Pensamos que sería de respecto aos traballadores e á comarca da Mariña vir a Lugo e anunciar algunha solución, pero co único que nos atopamos é cun teatrillo que, con total humildade, nos asusta e roza o insulto”. Os populares fan esta valoración “coa cifras enriba da mesa”, pois “Sánchez reduciu o investimento en Galicia nun 11% con respecto aos Presupostos Xerais do Estado aprobados por Rajoy no 2018 e, pola contra, disparouno un 48% en Cataluña. Ese era o inicio do pago do pacto que, como vimos no día de onte coa aprobación dos indultos, está pagando con creces o apoio dado polos independentistas”, afirman.
As infraestruturas, “sacrificadas”
Extrapolando a reflexión á provincia, o Goberno “sacrifica as infraestruturas que tiña proxectadas”. Só contemplan o remate da A-54 que nin tan sequera se vai a producir no prazo fixado. Polo que respecta, á da Mariña (A-74), fronte aos 3,6 millóns consignados en 2018 polo Partido Popular, o Goberno actual aplica unha redución do 87 %, ao incluír só 400.000 euros. O mesmo acontece coa a A-56, fronte aos 10,8 millóns de 2018, en 2021 só figura unha partida de 450.000 euros; o que supón unha redución do 96%. No caso da A-76, o investimento é dúas veces menor: 100.000 euros en 2021, fronte aos 336.000 de 2018.
En materia ferroviaria, o Goberno de Miñones rexeitou as emendas dos populares, dotadas con máis de 32 millóns para impulsar o tráfico por ferrocarril na provincia e a construción das variantes de Rubián e Os Peares que posibilitarían a chegada da alta velocidade a Lugo.
“Visita mal enfocada”
Por tanto, dende o PP non entenden “a que veu delegado onte a Lugo. Foi unha visita que mal enfocada, pois tampouco podemos aprobar o argumento sanitario, xa que as competencias nesta materia tenas a Xunta e, sen ningún tipo de dúbida, se algunha administración estivo a altura en Galicia e en Lugo, en particular, na xestión da pandemia, esa foi a que pilota Núñez Feijóo”.
A nivel fiscal, os populares, tampouco “compran” a mensaxe do delegado. Cos orzamentos presentados para a provincia, o incremento da fiscalidade está a repercutir negativamente nos petos dos lucenses”. Como exemplos citan a suba da luz; o incremento dos 4 céntimos no imposto do gasóleo; a suba da taxa de prima de seguros; o imposto de bebidas gaseosas e aos plásticos non reciclables; ou a rebaixa da bonificación no IRPF dos plans de pensións.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



