Ribadeo, 4 de xuño de 2021. A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade, a nacionalista Mónica Freire ven de presentar a campaña de sensibilización mariña Coida os mares, coida a vida xunto aos representantes de Adega, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.
Con esta campaña, a Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade pretende poñer en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal coa que contamos no litoral da provincia de Lugo para poder conservar e utilizar de xeito sostible os nosos recursos mariños.
Por este motivo, coincidindo co día mundial dos océanos o vindeiro 8 de xuño a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) iniciará unha serie de actividades de educación ambiental, dirixidas a mozos e mozas en idade escolar en varios colexios de educación infantil e primaria nos concellos de Ribadeo e Barreiros.
Entre as accións máis destacadas figura a organización de varias saídas para efectuar limpeza de praias na contorna, cuxo obxectivo é chamar a atención sobre a problemática do lixo mariño, a insostibilidade dos modelos de consumo, as malas estratexias de xestión dos residuos e a falta de sensibilización ambiental da poboación.
Os residuos vertidos no mar teñen graves consecuencias para a os ecosistemas mariños: máis de un millón de aves mariñas e case cen mil mamíferos e tartarugas morren cada ano a consecuencia da inxesta do lixo mariño, especialmente por microplásticos.
A campaña Coida os mares, coida a vida conta cun orzamento total de 5.268 euros, dos cales a área de Medio Rural colabora aportando 5.000 € e Adega os restantes ata completar o orzamento.
“Con esta actuación pretendemos dar visibilidade a esta problemática e concienciar ás crianzas da importancia dunha axeitada xestión dos nosos residuos e do noso consumo. A sensibilización ambiental é chave para a realización destas xornadas, podendo observar de primeira man a cantidade de lixo que agochan as nosas praias. O océano (vida e medios de subsistencia) é o tema do Día Mundial dos Océanos deste ano. Debemos ser capaces de conservar e empregar de xeito sostible os océanos, os mares e os recursos mariños”, manifestou a deputada Mónica Freire.
Ao longo da vindeira semana, e na que se celebra o día internacional dos océanos, esta acción chegará a un total de 100 pícaros e pícaras dos dous concellos mariñáns. Serán crianzas do colexio público de Barreiros, e dos dous colexios de primaria de Ribadeo, Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Jesús. Ademais de contar cunha charla educativa realizarán unha saída de recollida de plásticos ás praias de Lóngara, no caso do centro de Barreiros, e a dos Bloques e Illas Castros no caso dos dous centros de Ribadeo.
Pola súa parte, o concelleiro de medio ambiente, Jorge Díaz, recalcou que “unha das múltiples problemáticas, quizais a mais irresponsable, é a dos vertidos contaminantes, residuos de todo tipo tirados ou baleirados ao mar, usando os mares como se fosen buratos negros espaciais e pensar que todo o que se verte ahí desaparece e non ten ningún tipo de risco para a natureaza e o planeta” e engadiu que “con este tipo de actividades e campañas educativas esperamos rectificar estes nosos comportamentos erróneos e dar a volta a esta situación tan preocupante”.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



