Lugo, 22 de xullo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas López, asinaron este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a renovación da colaboración económica que mantén a institución provincial con esta entidade. A través deste convenio, a Deputación achega 30.000 euros para colaborar no mantemento do local da Federación e da oficina técnica de información e asesoramento ao comercio, que conta con 8 traballadores.
José Tomé destacou a importancia de colaborar con entidades como a Federación de Comercio, dinamizando o tecido produtivo e apoiando as iniciativas de sectores que xeran riqueza e postos de traballo. “Este convenio enmárcase nese espazo de colaboración entre o público e o privado que quere aproveitar esta Deputación para favorecer o progreso social e económico da nosa provincia. A aportación que facemos verá multiplicado o seu efecto a través das súas iniciativas”, subliñou o Presidente.
“A maior parte dos comerciantes tiveron que pechar por completo a súa actividade a causa da pandemia. E o comercio desenvolve un traballo fundamental no sostemento económico da nosa provincia polo que é necesario que as administracións públicas e as asociacións profesionais traballemos xuntos para favorecer a actividade comercial”, explicou José Tomé.
Desde a Federación de Comercio explican que esta oficina técnica é “unha vantaxe importante para os comerciantes da provincia, que se poden achegar en calquera momento a resolver calquera dúbida ou realizar calquera xestión ou trámite cos nosos técnicos”. Entre os servizos prestados, a oficina desta entidade (situada na Ronda da Muralla, 52) presta asesoramento legal en materia de normativa, asesoramento e xestión na tramitación das reclamacións formuladas polos consumidores, información e tramitación de subvencións públicas de interese para o sector ou un apoio integral aos emprendedores.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



