Foz, 20 de xullo de 2021. O Concello de Foz ultima os trámites para o inicio das obras de reforma do Bar dos Xubilados, a construción dun novo espazo para as persoas discapacitadas e o acondicionamento e mellora da planta administrativa de asuntos sociais. Estas actuacións estarán listas neste ano 2021.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o paso previo para o acondicionamento do Bar dos Xubilados sempre foi ofrecer unha ubicación alternativa á Asociación de Discapacitados Virxe do Carme e iso foi o que fixemos. Unha vez rematados os trámites con Portos de Galicia e asinadas as condicións esixidas para a ampliación da aula de seguridade vial -situada no peirao de Foz- a comezos deste mes, só resta a aprobación do proxecto construtivo e a licitación da obra, que se fará nas próximas semanas. Proxéctase a ampliación do edificio actual cunha planta baixa anexa de algo máis de 87 metros cadrados, que compartirá aseos coa edificación actual, de forma que poidamos optimizar recursos e aforrar gastos de mantemento. É neste espazo onde a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme poderá continuar a gran labor de inclusión que está a facer de persoas con minusvalía do noso concello, que doutra forma non terían esa oportunidade. Un espazo axeitado, con novo mobiliario e que se axeita ás necesidades dun colectivo que debemos coidar ao máximo. Dixemos alto e claro que non os iamos a deixar na estacada e cumprimos o que prometemos”.
Destínanse 58.834 euros para esta edificación, con financiamento propio con cargo aos orzamentos do ano 2020.
A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia que na próxima licitación tamén se incluirá a reforma das dependencias administrativas de Asuntos Sociais, por importe de 18.000 euros. “Desta forma gañaremos espazo para os técnicos, para o arquivo de documentación e para garantir a confidencialidade e a comodidade dos usuarios do servizo. Non é fácil en ocasións acudir a un servizo de axuda e debemos tratar de que sexa un trámite cómodo. O noso interese está nas persoas, na xestión próxima e personalizada: móvenos o interese de todos e cada un das veciñas e veciños do noso pobo”, destaca a edil.
Ademais Fran Cajoto engade: “continuamos traballando con seriedade e honestidade fóra de toda polémica. A ninguén lle gustan as difamacións falsas con carteis e pasquíns, de clara motivación política, pero o que nos move é o interese de todos os xubilados e seguimos traballando tódolos días polos nosos maiores”. Ao respecto o alcalde indica que “na próxima licitación irá incluída a reforma do Bar dos Xubilados por importe de 43.185 euros (IVE incluído), tamén con cargo aos orzamentos do ano 2020. Esta reforma adaptará os aseos a persoas con mobilidade reducida, creará un acceso independente do edificio de Asuntos Sociais e xerará unha terraza sobre o peirao, nunha das mellores zonas de Foz. Será un bar público, concesionado polo Concello de Foz, para que todos os nosos maiores o podan desfrutar”.
O rexedor municipal remata comentado que “hai uns días dous usuarios da residencia de maiores de Foz acudiron en dúas ocasións ao Concello soamente para agradecer persoalmente a construción da nova rampla de acceso ao centro, obra que lles solucionou un gran problema de accesibilidade. Quedo con ese agradecemento e coa enorme satisfacción que supón facerlle máis sinxela a vida diaria a un veciño”.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



