Viveiro, 01 de xullo de 2021. Manter en boas condicións as vías de comunicación que son de titularidade municipal é unha das obrigas fundamentais dos gobernos locais. En Viveiro, a alcaldesa, a socialista María Loureiro, e o seu equipo teñen demostrada unha acusada propensión a esquecer ás súas obrigas ou, por mellor dicir, a no ser capaces de atendelas. No caso das estradas hai evidencias incontestables de que é así. Como exemplo, o portavoz popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, sinala o pésimo estado no que se atopan as dúas vías de acceso a As Pallaregas, na parroquia de Covas. Rodríguez expresa o seu apoio as reivindicacións dos veciños e anuncia que o PP presentará unha iniciativa no próximo pleno, para que o goberno de Viveiro faga as xestións necesarias para amañar canto antes as dúas estradas indicadas.
Os residentes no lugar de As Pallaregas están fartos de ter que circular por estradas cheas de fochancas, con puntos nos que a calzada é moi estreita e con tramos nos que parece que o Concello se esquece de levar a cabo as labores de roza. Dado que o goberno municipal no atende ás demandas dos veciños, o grupo popular presentará no próximo pleno unha iniciativa para instar o amaño destas estradas.
Hai puntos, segundo explica Óscar Rodríguez, nos que a situación se volve aínda máis complicada. É o caso do lugar de A Casería. Neste punto acaba a estrada, pero non hai sinal que indique tal circunstancia. Debido a elo, son numerosos os condutores que teñen que manobrar para dar a volta, non sen certas dificultades. Nesta zona hai numerosas e grandes fochancas. Os veciños din que, polas circunstancias que queden indicadas, o camión de recollida do lixo non se acerca a este punto, e os residentes teñen que cargar un tramo considerable coas bolsas de residuos.
Rodríguez sinala: “O goberno municipal ten que escoitar aos veciños que sofren cada día o mal estado en que se atopan os accesos a As Pallaregas. Xa que non parece querer facelo, o grupo municipal popular presentará unha iniciativa no próximo pleno na liña das demandas dos veciños: que canto antes se proceda a reparación destas vías, se complete o traballo de roza da maleza das beiras e, se é posible, se ensanche a calzada nos puntos más estreitos. Estas vías das que falamos non son dignas do tempo en que vivimos tal como as ten o Concello presidido pola socialista Loureiro”.


























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



